John Huston
John Huston, nado en Nevada (Missouri) o 5 de agosto de 1906 e finado o 28 de agosto de 1987, foi un director, guionista e actor de cinema norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un personaxe inquedo, xa que tamén foi boxeador, xornalista, novelista, militar, criador de cabalos, cazador, coleccionista de arte... De feito, na súa adolescencia chegou a ser un campión de boxeo e exerceu como agregado militar estadounidense no exército mexicano. Contraeu o seu primeiro matrimonio á temperá idade de 20 anos. Viviu como pintor na rúa en París durante unha tempada, traballou como actor e foi redactor nunha revista neoiorquina.
Comezou no cine como extra nalgunha película, como O home de palla, Santos do inferno ou The Storm. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de William Wyler (A casa da discordia ou Jezebel) e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante a década de 1930 e principios dos anos 1940 (O sarxento York, O dobre crime de rúa Morgue, O último refuxio, entre outras). A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, O falcón maltés, segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con Humphrey Bogart como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: O tesouro de Serra Madre e Key Largo.
A raíña de África, outra das súas obras mestras, rodada en 1951, demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando na República do Congo, con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. Errol Flynn e Trevor Howard tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de As raíces do ceo no Chad.
Con todo, a súa carreira tivo certa irregularidade, ao aceptar dirixir películas como A Biblia, producida por Dino de Laurentiis; Annie; Evasión ou vitoria, ou Casino Royale, película de James Bond que contou con cinco directores distintos.
A pesar diso, seguiu facendo grandes películas posteriormente, como Reflexos nun ollo dourado ou Debaixo do volcán.
Tivo ocasión de dirixir ao seu propio pai, o oscarizado actor Walter Huston, en polo menos cinco longametraxes, e tamén dirixiu á súa filla, Anjelica Huston, en A honra dos Prizzi e en Dublineses, entre outras.
Faleceu en Middletown (Rhode Island) dun enfisema. Pódese afirmar que Huston é un dos grandes directores da historia recente do cine.
Filmografía como director
[editar | editar a fonte]- The Maltese Falcon (1941)
- In This Our Life (1942)
- Across the Pacific (1942)
- Report from the Aleutians (1943)
- The Battle of San Pietro (1945)
- Let There Be Light (1946)
- The Treasure of the Sierra Madre (1948)
- Key Largo (1948)
- We Were Strangers (1949)
- A xungla do asfalto (1950)
- The Red Badge of Courage (1951)
- A raíña de África (1951)
- Moulin Rouge (1953)
- A burla do demo (1953)
- Moby Dick (1956)
- Heaven Knows, Mr. Allison (1957)
- O bárbaro e a gueixa (1958)
- As raíces do Ceo (1958)
- Os que non perdoan (1960)
- Vidas rebeldes (1960)
- Freud, paixón secreta (1962)
- A lista de Adrian Messenger (1963)
- A noite da iguana (1964)
- A Biblia (1966)
- Reflections in a Golden Eye (1967)
- Casino Royale (1967)
- Sinful Davey (1969)
- A Walk with Love and Death (1969)
- A carta do Kremlin (1970)
- Fat City (1972)
- The Life and Times of Judge Roy Bean (1972)
- O home de MacKintosh (1973)
- O home que puido reinar (1975)
- Wise Blood (1979)
- Phobia (1980)
- Evasión ou vitoria (1981)
- Annie (1982)
- Debaixo do volcán (1984)
- Prizzi's Honor (1985)
- Dublineses. Os mortos (1987)
Como guionista
[editar | editar a fonte]- Mr. North 1988 - (con Janet Roach, & James Costigan)
- O home que puido reinar 1975 - (con Gladys Hill)
- A noite da iguana 1964 - (con Anthony Veiller)
- Heaven Knows, Mr. Allison 1957 - (con John Lee Mahin)
- Moby Dick 1956 - (con Ray Bradbury)
- A burla do demo 1953 - (con Truman Capote)
- Moulin Rouge 1952 - (con Anthony Veiller)
- A raíña de África 1951 - (con James Agee)
- Key Largo 1948 - (con Richard Brooks)
- We Were Strangers 1949 - (con Peter Viertel)
- The Treasure of the Sierra Madre 1948 -
- Os asasinos 1946 - (con Anthony Veiller)
- Three Strangers (1946) (con Howard Koch)
- High Sierra 1941 - (con W.R. Burnett)
- The Maltese Falcon 1941 - (adaptación)
- Sergeant York 1941 - (con Abem Finkel, Harry Chandler, & Howard Koch)
- The Amazing Dr. Clitterhouse 1938 - (con John Wexley)
- Jezebel 1938 - (con Clements Ripley, Abem Finkel, & Robert Buckner)
- Murders in the Rue Morgue 1932 (con Tom Reed & Dale Van Every)
Como actor
[editar | editar a fonte]Non inclue filmes nos que tamén foi director
- O cardeal (1963, dir: Otto Preminger)
- Candy (1968, director: Christian Marquand)
- Rocky Road to Dublin (Documentary) (as Interviewee, 1968, director: Peter Lennon)
- De Sade (1969, dir: Cy Endfield)
- Myra Breckinridge (1970, dir: Michael Sarne)
- Man in the Wilderness (1971, dir: Richard C. Sarafian)
- The Bridge in the Jungle (1971)
- Rufino Tamayo: The Sources of his Art (documentary) (1972, dir: Gary Conklin)
- Battle for the Planet of the Apes (1973, dir: J. Lee Thompson)
- Chinatown (1974, dir: Roman Polanski)
- Breakout (1975)
- The Wind and the Lion (1975, dir: John Milius)
- Tentacles (1977, dir: Ovidio G. Assonitis)
- The Greatest Battle (1978, dir: Umberto Lenzi)
- The Bermuda Triangle (1978, dir: René Cardona, Jr.)
- Angela (1978, dir: Boris Sagal)
- The Visitor (1979, dir: Giulio Paradisi)
- Winters Kills (1979, dir: ((Willam Richert))
- A Minor Miracle (1983, dir: Raoul Lomas)
- Notes from Under the Volcano (documentary) (como si mesmo, 1984, dir: Gary Conklin)
- Lovesick (1984, dir: Marshall Brickman)
- Momo (1986, dir: Johannes Schaaf)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Huston |