A xungla do asfalto
A xungla do asfalto | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Asphalt Jungle |
Director | John Huston |
Produtor | Arthur Hornblow Jr. |
Guión | Ben Maddow John Huston |
Baseado en | The Asphalt Jungle, de W. R. Burnett (1949) |
Intérpretes | Sterling Hayden Louis Calhern Jean Hagen |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | Harold Rosson |
Montaxe | George Boemler |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | Xuño de 1950 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 1 232 000 $[1][2] |
Na rede | |
A xungla do asfalto (en inglés The Asphalt Jungle) é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un clásico do cinema negro.
Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1991.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]Un ladrón de fama lendaria como planificador, Erwin "Doc" Riedenschneider (Sam Jaffe), deixa a prisión baixo liberdade condicional. Para o seu próximo roubo busca a complicidade nun avogado corrupto, Alonzo Emmerich (Louis Calhern), quen comprará en efectivo o total do roubo. O botín pode chegar ao millón de dólares. Doc reúne un grupo de criminais experimentados composto por un corretor de apostas, Cobby (Marc Lawrence) que fará de coordinador; Louis Ciavelli (Anthony Caruso), dinamiteiro de caixas fortes; Gus Minissi (James Whitmore), dono dun pequeno bar que fará de condutor; e Dix Handley (Sterling Hayden), granxeiro arruinado pola Gran Depresión, que actuará de escolta.
O plan consiste en roubar pola noite unha xoiaría. O grupo de delicuentes comeza o roubo planeado meticulosamente, mais finalmente a explosión provoca que varias alarmas de negocios próximos comecen a funcionar, atraendo a presenza da policía antes do esperado. Un garde de seguridade decide revisar todos os locais, e cando entra na xoiaría é golpeado por Dix. O garda, esvaecido, deixa caer a súa arma, que se dispara ferindo a Ciavelli. Os bandidos foxen levando con eles o botín e a Ciavelli.
Doc e Dix chegan co botín onde Emmerich, mais néganse a entregarllo porque xa sospeitaban que o avogado pensaba traizoalos, quedando con todo e fuxindo coa súa amante Angela Phinlay (Marilyn Monroe) a Europa.
Elenco
[editar | editar a fonte]
|
|
Principais premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Ano | Premio | Categoría | Candidato(s) | Resultado |
---|---|---|---|---|
1950 | Festival de Venecia | Copa Volpi ao mellor actor | Sam Jaffe | Gañador |
León de Ouro | A xungla do asfalto | Candidato | ||
National Board of Review | Mellor director | John Huston | Gañador | |
Directors Guild of America Award | Dirección destacada en cinema | John Huston | Candidato | |
1951 | Edgar Allan Poe Awards | Mellor guión cinematográfico | Ben Maddow e John Huston | Gañador |
Óscar | Mellor actor secundario | Sam Jaffe | Candidato | |
Mellor fotografía (branco e negro) | Harold Rosson | Candidato | ||
Mellor director | John Huston | Candidato | ||
Mellor guión adaptado | Ben Maddow e John Huston | Candidato | ||
British Academy of Film and Television Arts | Mellor filme | A xungla do asfalto | Candidato | |
Globo de Ouro | Mellor fotografía | Harold Rosson | Candidato | |
Mellor director | John Huston | Candidato | ||
Mellor guión | Ben Maddow e John Huston | Candidato | ||
Writers Guild of America Award | Mellor guión de drama | Ben Maddow e John Huston | Candidato | |
Premio Robert Meltzer | Ben Maddow e John Huston | Candidato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Eddie Mannix Ledger. Los Angeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study..
- ↑ Scott Eyman, Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Mayer, Robson, 2005 p 427
- ↑ Programación