8 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 8 de setembro é o 251º día do ano do calendario gregoriano e o 252º nos anos bisestos. Quedan 114 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1100: na antiga Basílica de San Pedro (en Roma), os seguidores do falecido papa Clemente III (máis tarde considerado antipapa), entronizan de maneira secreta ao bispo de Albano, Teodorico (que un ano máis tarde será considerado antipapa e recluído no mosteiro de Cava en Salerno).
- 1873 - Emilio Castelar é elixido presidente da I República Española.
- 1941 - Principia o cerco de Leningrado polos alemáns, na segunda guerra mundial
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1157 - Ricardo I, coñecido como Ricardo Corazón de León, rei de Inglaterra (m. 1199).
- 1208 - Sancho II, rei de Portugal (m. 1248).
- 1566 - Carlo Gesualdo, compositor italiano (m. 1613).
- 1767 - August Wilhelm von Schlegel, escritor, tradutor e crítico literario alemán (m. 1845).
- 1830 - Frédéric Mistral, lexicógrafo e escritor francés en lingua occitana, Premio Nobel de Literatura en 1904 (m. 1914).
- 1841 - Antonín Dvořák, compositor checo (m. 1904).
- 1852 - José Riestra López, empresario e político galego (m. 1923).
- 1904 - Xosé Fernández López, empresario galego, fundador de Zeltia e Pescanova (m. 1986).
- 1923 - Rasul Gamzatov, poeta ruso en lingua ávara (m. 2003).
- 1925 - Peter Sellers, actor e humorista inglés (m. 1980).
- 1943 - David Mackenzie, galicianista e medievalista inglés (m. 2016).
- 1952 - Ionna Karistiani, escritora grega.
- 1955 - Olegario Sotelo Blanco, empresario, editor e escritor galego.
- 1969 - Celso Fernández Sanmartín, poeta e contacontos galego.
- 1971 - Isabel Blanco, actriz galega.
- 1972 - Marcos Serrano, ciclista galego.
- 1977 - Abe Rábade, pianista galego de jazz.
- 1979 - Pink, actriz e cantante estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 780 - León IV, emperador do Imperio bizantino (n. c. 750).
- 1645 - Francisco de Quevedo, escritor e poeta español (n. 1580).
- 1823 - Antonio José Ruíz de Padrón, sacerdote, ilustrado e liberal, deputado nas Cortes de Cádiz (n. 1757).
- 1949 - Richard Strauss, compositor alemán (n. 1864).
- 1965 - Hermann Staudinger, químico e profesor universitario alemán, Premio Nobel de Química en 1953 (n. 1881).
- 1978 - Ricardo Zamora, porteiro e adestrador de fútbol español (n. 1901).
- 1989 - Manuel Iglesias Corral, avogado e político galego (n. 1901).
- 2003 - Leni Riefenstahl, actriz e directora de cine alemá (n. 1902).
- 2004 - Manuel María Fernández Teixeiro, coñecido como Manuel María, poeta galego (n. 1929).
- 2011 - Virxilio Fernández, pintor galego (n. 1925).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional da Alfabetización [1]
- Día do Cooperante [2]
- Festa dos Remedios en Ponteareas, Pontevedra
- Festa da Nosa Sr.ª dos Remedios en Teixeiro, Curtis
- Festa de Santa María, patroa de Ribadeo
- Romaría da Virxe da Renda en Combarro (Pontevedra)
- Festa da Virxe de Covadonga, patroa de Asturias
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Natividade de Nosa Señora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día Internacional de la Alfabetización" (en castelán).
- ↑ "Día del Cooperante" (en castelán). Consultado o 2022-11-20.