13 de febreiro
Aparencia
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1073 - Afonso VI prende e encarcera o seu irmán García II usurpando a coroa do Reino de Galiza.
- 1542 - En Brasil, os conquistadores españois Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana descobren o río Amazonas.
- 1542 - En Londres (Inglaterra), o rei Henrique VIII ordena a execución da súa quinta esposa, Catarina Howard.
- 1668 - Asínase o Tratado de Lisboa, mediante o que España recoñece a independencia de Portugal.
- 1880 - Afonso XII, Rei de España, asina a Lei de abolición da escravitude.
- 1917 - A espía holandesa Margaretha Geertruida Zelle, coñecida como "Mata Hari", é detida nun hotel de París.
- 1936 - Estrea en Londres da película Modern Times, de Charlie Chaplin.
- 1944 - A cidade de Rostov é liberada da ocupación nazi durante a segunda guerra mundial.
- 1947 - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas acorda a creación dunha Comisión de Desarme Mundial.
- 1960 - Francia explota a súa primeira bomba atómica no deserto de Alxeria.
- 1984 - Konstantín Chernenko elixido novo secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética.
- 1991 - En Iraq, dúas bombas intelixentes estadounidenses destrúen un refuxio antibombas subterráneo, matando a centos de civís iraquís.
- 2007 - Corea do Norte acorda poñer fin ao seu programa nuclear a cambio de axuda económica e combustible.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1599 - Alexandre VII, Papa (m. 1667).
- 1805 - Peter Gustav Lejeune Dirichlet, matemático alemán (m. 1859).
- 1818 - Vicente Manuel Cociña Vizoso, político e xornalista galego (m. 1854).
- 1849 - Lord Randolph Churchill, político británico (m. 1895).
- 1855 - Paul Deschanel, presidente francés (m. 1922).
- 1862 - Francisco Suárez Salgado, sacerdote e xornalista galego (m. 1910).
- 1874 - Juan Pla Zubiri, rexistrador e escritor galego (m. 1936).
- 1883 - José Alonso Obregón, sacerdote e escritor galego (m. 1936).
- 1902 - Johán Carballeira, político e xornalista galego (m. 1937).
- 1903 - Georges Simenon, novelista belga (m. 1989).
- 1910 - William Shockley, Premio Nobel de Física (1956) estadounidense (m. 1989).
- 1922 - José García García, político galego (m. 2007).
- 1933 - Paul Biya, político camerunés.
- 1933 - Patrick Godfrey, actor británico.
- 1933 - Kim Novak, actriz estadounidense.
- 1935 - Marcelino Oreja Aguirre, político e diplomático español.
- 1950 - Peter Gabriel, compositor e intérprete inglés.
- 1956 - Peter Hook, baixista inglés (Joy Division e New Order).
- 1968 - Kelly Hu, actriz estadounidense.
- 1973 - Miguel Poveda, cantaor de flamenco de orixe catalá.
- 1974 - Robbie Williams, cantante inglés.
- 1978 - Philippe Jaroussky, contratenor francés.
- 1979 - Dores Tembrás, escritora galega.
- 1979 - Germán Campos, futbolista galego.
- 1981 - David Gómez Martínez, atleta galego, especializado en décatlon.
- 1981 - Luke Ridnour, baloncestista estadounidense.
- 1985 - Iván Carril, futbolista galego.
- 1985 - J.R. Giddens, xogador de baloncesto estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 721 - Khilperico II, rei de Neustria e rei dos francos (n. 672).
- 1130 - Honorio II, papa italiano (n. ?).
- 1332 - Andrónico II Paleólogo, emperador bizantino (n. 1260).
- 1542 - Catarina Howard, quinta esposa de Henrique VIII degolada.
- 1592 - Jacopo Bassano, pintor italiano (n. 1515)
- 1837 - Mariano José de Larra, escritor español (n. 1809).
- 1883 - Richard Wagner, compositor alemán (n. 1813).
- 1937 - Ángel Pérez Gándaras, farmacéutico e político galego.
- 1942 - Epitácio Pessoa, presidente brasileiro (n. 1865).
- 1943 - Alfredo Gómez Ollero, militar e maquis galego (n. 1905).
- 1943 - Benedicto Blanco, maquis galego (n. ?).
- 1956 - Ernestina Otero, mestra e pedagoga galega (n. 1890).
- 1958 - Avelino Rodríguez Elías, escritor e xornalista galego (n. 1872).
- 1958 - Luís Pimentel, poeta galego (n. 1895).
- 1965 - Humberto Delgado, militar portugués (n. 1906).
- 1990 - Manuel Rodríguez López, poeta, cronista e tradutor galego (n. 1934).
- 2004 - María Tobío, bibliotecaria e escritora galega (n. 1908).
- 2005 - Lúcia Santos, monxa portuguesa (n. 1907).
- 2018 - Suso Mosquera, sindicalista e político galego (n. 1943).
- 2024 - Xesús Mato,[1] crego e musicólogo galego (n. 1932).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Fases da lúa
[editar | editar a fonte]- 2006 - Lúa chea
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Europa Press/Redacción (13 de febreiro de 2024). "Falece Xesús Mato, sacerdote do pobo e fundador de Fuxan os Ventos". galiciaconfidencial.com. Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "Razón y objeto del Día Mundial de la Radio" (en castelán). Consultado o 30.11.2022.