22 de marzo
Aparencia
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 22 de marzo é o 81º día do ano do calendario gregoriano e o 82º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1895 - Os irmáns Lumière proxectan o primeiro filme que se realizou no mundo: A saída dos obreiros da fábrica Lumiére.
- 1945 - Fundación da Liga Árabe
- 1963 - Edítase en Inglaterra o disco Please Please Me, o primeiro álbum gravado polos Beatles.
- 1986 - Un grupo de membros do INTG deixa este comité para constituír o Colectivo Comunista.
- 2001 - O encoro de Portodemouros acolle a Copa do Rei de remo.
- 2003 - A Coordinadora Galega pola Paz convoca manifestacións de rexeitamento á guerra de Iraq.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1459 - Maximiliano I de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- 1599 - Anton van Dyck pintor flamengo especialmente dedicado á elaboración de retratos (m.1641)
- 1799 - Friedrich Wilhelm Argelander, astrónomo prusiano (m. 1875).
- 1805 - Benito Soto, pirata galego.
- 1868 - Robert Andrews Millikan, físico estadounidense.
- 1868 - Celestino Poza Cobas, médico e político galego.
- 1906 - George L. Trager, lingüista americano (m. 1992).
- 1923 - Marcel Marceau, mimo francés.
- 1929 - Yayoi Kusama, artista e escritora xaponesa.
- 1931 - Burton Richter, físico estadounidense.
- 1932 - Nicanor Rielo Carballo, sacerdote e escritor galego (m. 2000)
- 1948 - Andrew Lloyd Webber, compositor británico.
- 1949 - John Benjamin Toshack, futbolista e adestrador de fútbol galés.
- 1950 - Xosé Carlos Sierra Rodríguez, historiador galego.
- 1950 - Goran Bregović, músico e compositor iugoslavo.
- 1955 - Valdis Zatlers, médico e político letón.
- 1958 - Valentín Carrera González, xornalista e escritor galego.
- 1960 - Julián Gorospe, ciclista español.
- 1971 - Pili Pampín, cantante galega.
- 1980 - Begoña Fernández Molinos, xogadora galega de balonmán.
- 1988 - Tania Raymonde, actriz estadounidense.
- 1990 - Leticia Costas-Moreira, tenista galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1090 - García II, rei de Galiza, preso no castelo leonés de Luna
- 1832 - Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán.
- 1863 - Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego (n. 1811).
- 1937 - Alejandra Murguía, debuxante galega.
- 1950 - Emmanuel Mounier, filósofo cristián francés.
- 1960 - José Antonio Aguirre, primeiro lehendakari de Euskadi.
- 1976 - Atilio Santillán, sindicalista arxentino (n. 1935).
- 2005 - Clemente Domínguez, autoproclamado Papa en El Palmar de Troya (Sevilla) (n. 1946).
- 2013 - Bebo Valdés, músico de jazz cubano (n. 1918).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial da Auga. A data foi escollida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 22 de decembro de 1992[1], recomendando a tódolos Estados membros a celebrar nesa data actividades de fomento e divulgación relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos e á posta en marcha das recomendacións da Axenda 21.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "World Water Day" (en inglés). Consultado o 2022-11-27.