Saltar ao contido

Zarabatana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Indíxena cherokee cunha zarabatana.

A zarabatana[1] (orixinaria da palabra árabe zarabatan) é unha arma que consiste nun tubo orixinalmente de madeira, pero que tamén pode ser de metal ou plástico, polo cal son soprados pequenos dardos, frechas ou proxectís. A zarabatana é unha arma, non un xoguete, podendo inflixir danos graves. Existen restricións a súa venda no Reino Unido,[2] no Canadá[3] e nalgúns estados americanos.[4]

No presente, o tiro de competición con zarabatana é regulado pola Asociación Internacional de Fukiyado, na cal están afiliados os Estados Unidos, Francia, Alemaña e Filipinas.[5]

As zarabatanas son utilizadas polos pobos indíxenas de América do Sur (Amazonia e Güiana) e sueste da Asia, que as empregan para cazar pequenos animais, como paxaros, esquíos, macacos e coellos. As frechas utilizadas (moi lixeiras) roldan os 10 ou 15 cm de longo, e teñen puntas envelenadas ou substancias tóxicas.

Zarabatana
  1. "Os Xogos: Anacos da historia dun pobo" (PDF). Blog >Xerais. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.  Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  2. "The Criminal Justice Act 1988 (Offensive Weapons) Order 1988". 18 de xaneiro de 1989. 
  3. Department of Justice Canada (1998-12-01). "Part 3. Section 12.". Regulations Prescribing Certain Firearms and other Weapons, Components and Parts of Weapons, Accessories, Cartridge Magazines, Ammunition and Projectiles as Prohibited or Restricted (SOR/98-462). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 2007-05-29. 
  4. Edwin Shook. Blowguns in Guatemala. In Notes of Middle American Archaeology and Ethnology, III, no. 67, pp. 37-43. AMS Press, New York, 1946.
  5. "The USBA is an affiliate of the International Fukiyado Association (IFA).". Consultado o 15 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Speck, Frank G. "The Cane BlowGun in Catawba and Southeastern Ethnology" in American Anthropologist 40:2 (Apr.-Jun., 1938), pp. 198–204.
  • Sustak, David. 2007. Fukiyado: The Way of the Sport Blowgun. 258 pp.
  • Juan F. Marino, Sumpitan - Il Grande Libro della Cerbottana (le origini, la storia, la tecnica, lo sport), Edarc Edizioni, 2007 (só en italiano). 273 pp.
  • Marinas, Amante P., Sr. 1999. "Pananandata Guide To Sport Blowguns." 110 pp.