Saltar ao contido

Melvin Calvin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMelvin Calvin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Melvin Ellis Calvin Editar o valor en Wikidata
8 de abril de 1911 Editar o valor en Wikidata
Saint Paul, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Minnesota (pt) Traducir
Michigan Technological University (en) Traducir
Universidade de Manchester
Central High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseMichael Polanyi Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico , biólogo , profesor universitario , bioquímico , enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley
Universidade de Minnesota (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enQuímica orgánica Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoCyril Ponnamperuma (en) Traducir e Jan Anderson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGenevieve Calvin
Premios

Melvin Calvin, nado o 8 de abril de 1911 en Saint Paul (Estados Unidos) e finado o 8 de xaneiro de 1997 en Berkeley (California, Estados Unidos), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1961.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Melvin naceu no seo dunha familia de inmigrantes rusos en Saint Paul, Minnesota. Criouse en Detroit.

Cursou estudos de química na Escola de Minería e Tecnoloxía de Míchigan (hoxe Universidade Tecnolóxica de Míchigan), onde se licenciou en 1931. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Minnesota, onde se doutorou en 1935 e ao ano seguinte conseguiu realizar unha bolsa posdoutoral na Universidade de Mánchester en Inglaterra.

Incorporouse ao departamento de química da Universidade de California, en Berkeley, en 1937 e en 1947 conseguiu ser nomeado profesor de química. Nesa mesma universidade foi director do Laboratorio Lawrence de Radiacións do Departamento de Química Biolóxica.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

A súa carreira iniciouse tras un accidente ocorrido en 1936 na fábrica de tinguiduras que Imperial Chemical Industries (ICI) tiña en Manchester. Elaborábase un composto incoloro chamado ftalonitrilo, pero unha partida saíu dunha bela cor azul, ao parecer por unha greta no forro de vidro do recipiente. Identificouse como ftalocianina, membro dunha nova, e estruturalmente interesante, familia de compostos.

Calvin, que chegaba á Universidade de Manchester para realizar estudos posdoutorais, traballaba co profesor Michael Polanyi e viu que o composto da ICI tiña un parecido estrutural coa hemomolécula e coa clorofila: as dúas moléculas catalíticas máis importantes nos seres vivos e, bioquímicamente, as máis difíciles de comprender e de imitar. Seguiu a suxestión de Polanyi de empregar o composto da ICI como modelo para investigar a conexión entre a estrutura e a estabilidade nesas moléculas tan fundamentais.

Durante a década de 1940, na súa estadía en Berkeley, comezou os seus experimentos sobre a fotosíntese sobre cultivos da alga verde unicelular Chlorella pyrenoidosa, separando os compostos obtidos por cromatografía bidimensional e identificándoos grazas ao carbono-14 e esclarecendo o proceso de asimilación fotoquímica do dióxido de carbono polas partes verdes das plantas, hoxe frecuentemente denominado ciclo de Calvin.
Foi galardoado co Premio Nobel de Química en 1961 polos seus traballos sobre a asimilación do dióxido de carbono polas plantas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Willard Frank Libby
Premio Nobel de Química

1961
Sucesor:
John Cowdery Kendrew
e
Max Ferdinand Perutz