Saltar ao contido

Manuel Mur Oti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Mur Oti
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de agosto de 2003 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, poeta, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm0613377 Allocine: 252252 Allmovie: p699413 BNE: XX984107 BUSC: mur-oti-manuel-1908-2003 Editar o valor en Wikidata

Manuel Mur Oti, nado en Vigo o 25 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 5 de agosto de 2003, foi un director de cine, guionista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Mur, oficial de prisións con destino en Vigo. En 1921 viaxou a Cuba, onde estudou Dereito e Literatura e colaborou en publicacións culturais. Viaxou por Haití e os Estados Unidos. Publicou o seu primeiro poemario, Espirales con só dezasete anos, pero foi coñecido como autor de novelas e obras dramáticas; estreou na Habana a súa primeira comedia, La alegría del sitio en 1931 e despois La malcasada e El mayoral. Retornou en 1933 e comezou a escribir no periódico El Socialista. Na Guerra Civil loitou no exército republicano con Valentín González "El Campesino". Exiliouse en Francia e foi internado nun campo de concentración. Volveu a España e foi detido en Málaga. Cando saíu radicouse en Madrid. Escribiu a novela Destino negro, que foi finalista do Premio Nadal de 1948 e tamén guións cinematográficos. Impulsou, con Antonio del Amo, a creación da produtora Sagitario Films (1947), que financiou as tres primeiras películas de del Amo, todas escritas por Mur Oti. En 1949 dirixiu a súa primeira película, Un hombre va por el camino. En 1953 creou a produtora Celta Films.

Recibiu o Premio Goya de honra na VII edición dos Premios Goya (1992).

Como escritor

[editar | editar a fonte]
  • Espirales
  • La alegría del sitio
  • Destino negro (1949)

Como director

[editar | editar a fonte]
  • Un hombre va por el camino (1949)
  • Cielo negro (1951)
  • Condenados (1953)
  • Orgullo (1955)
  • Fedra (1956)
  • El batallón de las sombras (1957)
  • La guerra empieza en Cuba (1957)
  • Pescando millones (1959)
  • Duelo en la cañada (1959)
  • Una chica de Chicago (1960)
  • Milagro a los cobardes (1962)
  • A hierro muere (1962)
  • La otra cara del espejo (serie de televisión, 1965)
  • Loca juventud (1965)
  • El escuadrón del pánico (1966)
  • La encadenada (1975)
  • Morir... dormir... tal vez soñar (1976)

Como guionista

[editar | editar a fonte]
  • Cuatro mujeres (1947)
  • El huésped de las tinieblas (1948)
  • Noventa minutos (1949)
  • Alas de juventud (1949)
  • Un hombre va por el camino (1949)
  • Cielo negro (1951)
  • Condenados (1953)
  • Orgullo (1955)
  • Fedra (1956)
  • La guerra empieza en Cuba (1957)
  • El batallón de las sombras (1957)
  • Pescando millones (1959)
  • Duelo en la cañada (1959)
  • Una chica de Chicago (1960)
  • Teresa de Jesús (1961)
  • Milagro a los cobardes (1962)
  • Loca juventud (1965)
  • El escuadrón del pánico (1966)
  • La encadenada (1975)
  • Morir... dormir... tal vez soñar (1976)
  • Cañas y barro (serie, 1978)
  • La barraca (serie, 1979)

Como actor

[editar | editar a fonte]
  • Segundo López, aventurero urbano (1953)
  • Memorias del cine español (1978
  • La noche del cine español (1985)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]