Ilyushin Il-2
Ilyushin Il-2 | |
---|---|
Tipo | avión de ataque ao chan |
Fabricante | Ilyushin |
Primeiro voo | 2 de outubro de 1939 |
Introducido | 1941 |
Retirado | 1954 |
Principais usuarios | Forza Aérea Soviética Forza Aérea de Bulgaria Forza Aérea de Checoslovaquia Forza Aérea de Hungría Forza Aérea de Mongolia Forza Aérea do Exército de Polonia Forza Aérea de Iugoslavia |
Produción | 1941 - 1945 |
Unidades construídas | 36 183 |
O Ilyushin Il-2 (cirílico: Илью́шин Ил-2) Shturmovik (cirílico: Штурмови́к, Shturmovík) foi un avión de ataque ao chan producido pola Unión Soviética en grandes números durante a segunda guerra mundial. O Il-2 nunca recibiu un nome oficial e 'shturmovik' é a palabra xenérica rusa para referirse a un avión de ataque ao chan. A palabra tamén aparece en fontes occidentais como Stormovik[1] e Sturmovik.[2]
Durante a guerra fabricáronse 36 183 unidades do Il-2, e xunto co seu sucesor, o Ilyushin Il-10, construíronse un total de 42 330 aparellos,[3] converténdose no avión militar máis producido da historia, ademais dun dos avións máis fabricados xunto co avión civil estadounidense Cessna 172 e o biplano multipropósito soviético Polikarpov Po-2 Kukuruznik.
Entre os pilotos do Il-2, o avión era coñecido polo diminutivo "Ilyusha". Para os soldados de terra era o "Chepudo", o "Carro de combate voante" ou o "Infante voador". A súa designación OTAN de posguerra foi "Bark".[4] O Il-2 xogou un papel crucial na Fronte Leste. Cando as factorías se atrasaban nas súas entregas, Iosif Stalin dicíalles aos xerentes que o Il-2 eran "tan esencial para o Exército Vermello como o aire e o pan".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gunston, Bill. The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft 1875–1995. London: Osprey, 1995. ISBN 1-85532-405-9.
- Rastrenin, Oleg. IL-2 Sturmovik Guards Units of World War 2 (Osprey Combat Aircraft, no 71). Oxford, UK: Osprey Publishing, 2008. ISBN 978-1-84603-296-7.
- Stapfer, Hans-Heiri. Il-2 Stormovik in Action (Aircraft number 155). Carrollton, TX: Squadron/Signal Publications, Inc., 1995. ISBN 0-89747-341-8.