1939
Aparencia
1939 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1939 MCMXXXIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2692 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1388 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4635 – 4636 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5699 – 5700 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1994 – 1995 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1861 – 1862 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5040 – 5041 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1317 – 1318 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1358 – 1359 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2189 | ||||||||||||||||||
|
1939 (MCMXXXIX) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.
Neste ano iniciouse o conflito bélico máis grande e mortífero da historia da humanidade, a segunda guerra mundial, após a invasión da Alemaña nazi a Polonia o 1 de setembro e provocaría que a meirande parte das nacións do mundo se viran involucradas, o conflito duraría os seguintes seis anos e marcará profundamente a década entrante e o século en xeral.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de abril, o xeneral Franco anuncia a fin da guerra civil española.
- 21 de xullo, Evasión do bou Ramón: 27 republicanos galegos foxen a Francia desde Ares.
- 1 de setembro, Alemaña invade Polonia.
- 1 de setembro, comezo da segunda guerra mundial.
- Créase o Centro de Instrucións de Marinería da Armada (C.I.M) en Ferrol.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Bobby Hull, xogador de hóckey sobre xeo canadense.
- 10 de xaneiro - Sal Mineo, actor estadounidense (m. 1976).
- 5 de febreiro - María Xosé Queizán, escritora e feminista galega.
- 10 de febreiro - Roberta Flack, cantante estadounidense.
- 19 de febreiro - Alfredo Bryce Echenique, escritor peruano.
- 28 de febreiro - Daniel C. Tsui, físico chinés, Premio Nobel de Física.
- 13 de marzo - Neil Sedaka, cantante estadounidense.
- 14 de marzo - Pilar Bardem, actriz española.
- 20 de marzo - Brian Mulroney, primeiro ministro do Canadá
- 31 de marzo - Zviad Gamsakhurdia, presidente da Xeórxia (m. 1993)
- 31 de marzo - Volker Schlöndorff, director, guionista de cine e actor alemán.
- 2 de abril - Marvin Gaye, cantante estadounidense (m. 1984).
- 7 de abril - Francis Ford Coppola, director de cine estadounidense.
- 13 de abril - Seamus Heaney, escritor irlandés, Premio Nobel de Literatura.
- 16 de abril - Dusty Springfield, cantante estadounidense (m. 1999).
- 23 de abril - Lee Majors, actor estadounidense.
- 7 de maio - Sidney Altman, químico canadense, Premio Nobel.
- 7 de maio - Ruud Lubbers, primeiro ministro dos Países Baixos.
- 1 de maio - María Victoria Moreno, profesora e escritora a quen se dedicou o DLG en 2018.
- 13 de maio - Harvey Keitel, actor estadounidense.
- 11 de xuño - Jackie Stewart, piloto escocés de Fórmula 1.
- 15 de xullo - Aníbal Cavaco Silva, presidente e primeiro ministro de Portugal.
- 26 de xullo - John Howard, primeiro ministro de Australia.
- 9 de agosto - Romano Prodi, primeiro ministro de Italia.
- 12 de agosto - George Hamilton, actor estadounidense.
- 19 de agosto - Ginger Baker, batería da banda Cream.
- 21 de agosto - Festus Gontebanye Mogae, presidente de Botsuana.
- 5 de setembro - Clay Regazzoni, piloto suízo de Fórmula 1 (m. 2006).
- 8 de setembro - Susumu Tonegawa, biólogo xaponés, Premio Nobel.
- 18 de setembro - Jorge Sampaio, presidente de Portugal (1996-2006).
- 30 de setembro - Jean-Marie Lehn, químico francés, Premio Nobel.
- 6 de outubro - Jean-François Ntoutoume Emane, político gabonés.
- 7 de outubro - Harold Walter Kroto, químico inglés, Premio Nobel.
- 14 de outubro - Ralph Lauren, modisto estadounidense.
- 24 de outubro - Ismael González Díaz, cineasta e escritor galego (m. 2015).
- 30 de outubro - Leland H. Hartwell, científico estadounidense, Premio Nobel.
- 11 de novembro - Maria Esther Bueno, tenista brasileira.
- 18 de novembro - Margaret Atwood, escritora canadense.
- 26 de novembro - Tina Turner, cantante americana.
- 26 de novembro - Abdullah Ahmad Badawi, primeiro ministro de Malaisia.
- 27 de novembro - Laurent-Désiré Kabila, presidente da República Democrática do Congo (m. 2001).
- 17 de decembro - Eddie Kendricks, cantante estadounidense (The Temptations).
- 18 de decembro - Harold E. Varmus, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
- 29 de decembro - Bulus Nabil al-Saya, bispo católico maronita libanés, arcebispo de Haifa e Terra Santa.
- Ciríaco Bokesa - escritor ecuatoguineano.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Francisco Sánchez García, xornalista e escritor galego (n. 1874).
- 28 de xaneiro - William Butler Yeats, escritor irlandés, Premio Nobel de Literatura en 1923 (n. 1865)
- 4 de febreiro - Edward Sapir, lingüista estadounidense.
- 10 de febreiro - Papa Pío XI (n. 1857).
- 12 de febreiro - S. P. L. Sørensen, químico dinamarqués (n.1868)
- 22 de febreiro - Antonio Machado, escritor español.
- 28 de febreiro - Secundino Feijoo Méndez, empresario circense galego (n. 1870).
- 2 de marzo - Howard Carter, arqueólogo británico (n. 1874).
- 2 de marzo - Marcelino Domingo, mestre e político republicano español (n. 1884).
- 14 de marzo - Manuel Barreiro Rey, militar galego (n. 1913).
- 1 de abril - Anton Makarenko, pedagogo soviético.
- 7 de abril - Eusebio Alonso Vieites, avogado e xornalista galego (n. 1861).
- 7 de abril - Joseph Lyons, primeiro ministro de Australia (n. 1879).
- 22 de abril - José Aranguren Roldán, militar galego (n. 1875).
- 12 de maio - Francisco Javier Elola, xuíz e político galego.
- 16 de xuño - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (n. 1880).
- 14 de xullo - Alfons Mucha, pintor checo.
- 26 de agosto - Rodrigo Sanz, político e investigador galego (n. 1872).
- 4 de setembro - Antonio García Hermida, escritor e xornalista galego.
- 21 de setembro - Charles Bémont, historiador francés (n. 1848).
- 23 de setembro - Sigmund Freud, psiquiatra alemán (n. 1856).
- 26 de setembro - Deogracias Carballo Alonso, carpinteiro e político galego (fusilado).
- 27 de setembro - José Campos Villar, agrarista e político galego.
- 12 de outubro - José Benito Pardo Rodríguez, avogado e político lugués (n. 1867).
- 29 de novembro - Philipp Scheidemann, chanceler alemán (n. 1865).
- 5 de decembro - Santiago Iglesias, político e sindicalista galego (n. 1872).
- 23 de decembro - Anthony Fokker, construtor de avións holandés (n. 1890).
- 31 de decembro - Blanca Calvo Moraza, mestra, xornalista e escritora galega.
- Física: Ernest Lawrence
- Química: Adolf Butenandt e Leopold Ruzicka
- Fisioloxía ou Medicina: Gerhard Domagk
- Literatura: Frans Eemil Sillanpää
- Paz: Non concedido
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1939 |