Saltar ao contido

Iadovos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización aproximada da pobo dos iadovos na provincia romana da Gallaecia.

Os iadovos (en latín: Iadovi) ou adovos[1] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que viviu na costa norte da actual Galicia, arredor do territorio de Viveiro e Ortigueira. Segundo o francés A. Tranoy é posible que o seu territorio ocupase o val do Masma e a rexión de Mondoñedo.[1][2]

De acordo o Naturalis historia de Plinio o Vello, ocupaban a área do norte de Lugo, sendo veciños doutros pobos como os cibarcos, os egobarros e os albións,[2] ocupando a área entre os arróns (no cabo Ortegal) e os egobarros que se estendían por Foz[3] ata Viveiro.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]