Bibalos
Os bibalos[1] (en latín: Bibali)[2] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense que viviu no oeste da actual comarca de Verín.
Os bibalos son citados por Tolomeo, Geographia, 6, 38 e 43,[3] que os nomeao entre os galaicos brácaros, citándoos entre os límicos e os grovios. O seu principal centro era o castro de San Millao, coñecido como Forum Bibalorum,[2] dentro do Conventus bracarensis. Os seus habitantes adicábanse principalmente á gandaría ovina, olería e comercio con outros castros ou aldeas da zona, aproveitando a vía romana que percorría a zona próxima á Xironda.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves, o seu nome podería ter relación co río Búbal,[2] que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín.
Padrón dos pobos
[editar | editar a fonte]O nome deste pobo aparece nomeado no padrón dos pobos, unha columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves (Portugal), colocada sobre da mesma obra, que salva o río Támega. A epígrafe dedicatoria contén unha lista de dez dos pobos indíxenas galaicos bracarenses (citados como civitates no orixinal) da Gallaecia que colaboraran no erguemento da citada ponte.
Epígrafe
[editar | editar a fonte]IMP CAES VESP AVG PONT / MAX TRIB POT X IMP XX PROCOS IX / IMP VESP CAES AVG F PONT TRIB / POT VIII IMP XIIII COS VI / ... / C CALPETANO RANTIO QUIRINALI VAL FESTO LEG AVG PR PR / D CORNELIO MECIANO LEG AVG / L ARRVNTIO MAXIMO PROC AVG / LEG VII GEM FEL / CIVITATES X / AQUEFLAVIENSES AOBRIGENS / BSALI COELERNI EQUAESI / INTERAMICE LIMICI AEBISOC / QUARQUERNI TAMAGANI
- Tradución
Sendo Emperador César Vespasiano Augusto, Pontífice Máximo, con poder tribunicio por décima vez, Emperador vixésimo, pai da patria, cónsul por novena vez, sendo emperador tamén Tito Vespasiano César, fillo do Augusto, Pontífice, con poder tribunicio por oitava vez, Emperador Décimo cuarto, cónsul por sétima (...) sendo legado de Augusto o Propretor Caio Calpetano Rancio Quirinal Valerio Festo e sendo Legado do Augusto, Decio Cornelio Meciano e procurador do mesmo Augusto, Lucio Arruncio Maximo, a Lexión Sétima Xémina Félix e dez cidades, a saber: os Aquiflavienses, os Avobriguenses, os Bibalos, os Coelernos, os Equaesos, os Interamnicos, os Límicos, os Nebisocos, os Quarquernos e os Tamaganos (...).
A respecto das liñas que faltan hai acordo entre os especialistas en considerar que foran eliminadas referencias ao Emperador Domiciano en virtude de damnatio memoriae.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de bibalo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Alberro (1999), p. 62
- ↑ "L'Hispanie tarraconaise par Ptolémée (Géographie, II, 6, 1-78". arbre-celtique.com (en francés). Consultado o 12 de xuño de 2020.
- ↑ Boletín Auriense do 1986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario brigantino (Betanzos: Concello de Betanzos) (22): 49–70. ISSN 1130-7625.