Historia de Ecuador
Historia de Ecuador | |
Mapa de Ecuador de 1879 | |
Historia | Ecuador |
Cronoloxía | Cronoloxía de Ecuador |
Categoría | Historia de Ecuador |
A historia de Ecuador abrangue a historia de Ecuador e a dos seus estados predecesores. Está determinada pola desintegración en 1830 da Gran Colombia, que deu lugar aos estados da República de Ecuador, Colombia, Perú e Venezuela.
Entre 1904 e 1942, Ecuador perdeu territorios nunha serie de conflitos cos países veciños. En 1941 un conflito territorial entre o Ecuador e Perú conduciu as partes ao Protocolo de Río de Janeiro, homologado o 29 de xaneiro de 1942 e estabelecendo fronteiras provisorias. O estado de conflito perdurou entre os dous países ata o 26 de outubro de 1999 cando os presidentes Jamil Mahuad (Ecuador) e Alberto Fujimori (Perú) asinaron o acordo denominado Ata Brasilia, polo cal Perú concedeu 1 km² do seu territorio no lugar de Tiwinza, onde 14 de soldados de Ecuador foran sepultados, transformándose así nun campo santo. Ambos os dous países asinaron tamén tratados de comercio e acordos de navegación polos cales o Ecuador ten o dereito de navegación irrestrita polo río Amazonas.
O topónimo Ecuador refírese á liña ficticia que divide o mundo en dous hemisferios (norte e sur) que atravesa o país, chamada liña Ecuatorial ou Ecuador.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |