George Lazenby
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Robert Lazenby 5 de setembro de 1939 (85 anos) Goulburn, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | actor , guionista , actor de cinema , modelo , actor de televisión |
Período de actividade | 1969 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Pam Shriver (2002–2008) |
Páxina web | bondstars.com… |
|
George Robert Lazenby, nado en Goulburn, Nova Gales do Sur, o 5 de setembro de 1939,[1] é un actor australiano, coñecido principalmente por ter interpretado a James Bond no filme No servizo secreto da súa maxestade, do ano 1969, sendo ademais o actor máis novo en encarnalo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de deixar o colexio, traballou como vendedor e repartidor na Morris Motor Company de Camberra. Traballou tamén como instrutor de esquí, disciplina na que gañou varias competicións e chegou a tocar o baixo nun grupo chamado The Corvettes. Lazenby serviu nas Forzas de Operacións Especiais do Exército de Australia, no que acadou o rango de sarxento e chegou a ser instrutor de combate corpo a corpo. En 1964, conseguiu un emprego de modelo en Londres, onde se mudou e fixo ademais algún anuncio publicitario. En 1968, Lazenby converteuse no modelo mellor pagado do mundo (durante 1967, chegou a cobrar 40 000£ como modelo e outras 60 000£ de anuncios publicitarios e promocións de produtos —cantidades equivalentes a máis dun millón de libras esterlinas no presente). Lazenby tamén encarnou ao home Marlboro.
Malia protagonizar No servizo secreto da súa maxestade (1969) e The Kentucky Fried Movie (1977) (producións que recadaron máis de 100 millóns de dólares en todo o mundo durante os anos 1970), a carreira de actor de Lazenby non gozou de moita prosperidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "www.zimbio.com. A quick run down on George Lazenby as James Bond". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2008. Consultado o 9 de novembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- George Lazenby na IMDb (en inglés).