Saltar ao contido

Festa da Guadalupe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Procesión da Virxe da Guadalupe.

A festa da Guadalupe é unha festa que se celebra en Rianxo durante a segunda semana de setembro na honra da súa Virxe, Moreniña. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Características

[editar | editar a fonte]

Destaca a procesión marítima, na que a imaxe da Virxe se pasea pola ría de Arousa acompañada por unha comitiva de barcos engalanados. As festas da vila duran unha semana, o venres, coincidindo co último día das festas, cántase "A Rianxeira", canción dedicada a esta Virxe.

O 8 de setembro de 2012, durante os festexos da Guadalupe, inaugurouse a nova imaxe da Moreniña na praia de Quenxo, obra do escultor alemán Bert Gerresheim. A imaxe anterior, obra de Asorey, desaparecera e por mor disto a Asociación A Moreniña coa colaboración do Concello de Rianxo buscou a maneira de pór unha nova no lugar onde estivera tantos anos a estatua anterior.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.