Evelyn Glennie
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Evelyn Elizabeth Ann Glennie 19 de xullo de 1965 (59 anos) Aberdeen, Reino Unido |
Educación | Ellon Academy (en) Burnt Mill Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositora, marimba player (en) , batería, percusionista, xylophonist (en) |
Período de actividade | 1985 - |
Instrumento | Batería, Marimba e Xilófono |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | evelyn.co.uk |
|
Evelyn Elizabeth Ann Glennie, máis coñecida como Evelyn Glennie, nada en Aberdeen o 19 de xullo de 1965, é unha percusionista e compositora escocesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a estudar piano aos 8 anos e instrumentos de percusión aos 12 anos. Ficou xorda a unha idade temperá debido ao dano progresivo dun nervio acústico, Evelyn Glennie aínda é capaz de escoitar música, observando e percibindo as súas vibracións. É unha das poucas percusionistas que conseguiu facer unha carreira en solitario, realizando uns 100 concertos ao ano.[1]
Como compositora escribiu máis de 100 pezas, entre concertos e outras composicións para percusión solista. Colaborou con diversos músicos, como Björk, Steve Hackett, Béla Fleck, Bobby McFerrin, Fred Frith ou Mark Knopfler.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 1989 gañou o premio Grammy á mellor interpretación de música de cámara, polo álbum con David Corkhill, Murray Perahia e Georg Solti sobre Bartók: Sonata for Two Pianos & Percussion para Kultur Video.
- En 2002 gañou o Grammy Award for Best Classical Crossover Album, polo álbum de 2001 Béla Fleck, Perpetual Motion, con Fleck, James Bryan Sutton e John Williams, para Sony.
- En 2014 gañou o Grammy Award for Best Classical Instrumental Solo por Corigliano: Conjurer, Vocalise - Glennie, Hila Plitmann, David Alan Miller, Albany Symphony Orchestra do 2013, para Naxos.
Discografía
[editar | editar a fonte]CD
[editar | editar a fonte]- "Rhythm Song", Orquestra Filharmónica Nacional (RCA Victor, 1990)
- Veni, Veni Emmanuel de James MacMillan (Teldec, 1992).
- Last Night Celebrations, (Teldec, 1994).
Espectáculos e xiras (escolma)
[editar | editar a fonte]- Estrea europea de City Adventures, obra de Geoffrey Burgon (1996).
- Festivais de Exeter, Windsor e Peterborough (1996).
Audiovisuais
[editar | editar a fonte]- Sonata para dous pianos e percusión de Béla Bartók, con Georg Solti, Murray Perahia e David Corkhill. (CBS ). Gañou o premio Grammy.
- Evelyn in Rio, participación no Carnaval. ( Decca Records ).
- Participación no programa Björk Unplugged e posterior gravación de novos temas, como "My Spine". (MTV).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Critica di musica classica". Guide.dada.net (en italiano).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evelyn Glennie |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Feeling Sound with Evelyn Glennie" (Vídeo en youtube.com no que explica como o seu corpo actúa como unha cámara de resonancia con respecto ás vibracións sonoras e como "escoita" doutro xeito).
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |