Emiliano
Nome orixinal | (la) Aemilianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Marcus Aemilius Aemilianus 207 (Gregoriano) Xerba, Tunisia |
Morte | 253 (45/46 anos) Spoleto, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Emperador romano | |
agosto de 253 – outubro de 253 ← Treboniano Galo – Valeriano → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado |
Familia | |
Cónxuxe | Cornélia Supera |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Marco Emilio Emiliano (en latín, Marcus Aemilus Aemilianus)[a] nado, posiblemente, no 207 ou no 214 e finado en outubro do 253, foi un emperador romano que gobernou só tres meses durante o ano 253.[1][2] Naceu na illa de Xerba, na daquela provincia Mauritania (actual Tunisia). Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de Panonia e Moesia. Estivo casado con Gaia Cornelia Supera e non se sabe moito máis da súa vida persoal.
A súa suba ao trono
[editar | editar a fonte]A paz vergoñenta que acordara cos godos o emperador Treboniano Galo non sentou nada ben no seo do exército. O rei Gniva, quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, ostrogodos e visigodos, tentou de que lle subisen a súa contribución en ouro, esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exército a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e venceuno, volvendo os godos máis aló do Danubio, recuperando grandes cantidades de botín e liberando a miles de cidadáns romanos capturados.[3]
Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.
O emperador, quen se atopaba en Roma, ao saber deste nomeamento, e, a pesar de que o exército de Emiliano era moi superior, saíu para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do Rhin, Valeriano, para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de Treboniano Galo e Emiliano se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron o emperador Treboniano Galo e ao seu fillo Hostiliano, para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.
Ao chegar a Roma, o Senado recoñeceu ao novo Emperador. Pero Valeriano, que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñeceu este nomeamento, e continuou o seu avance. De novo repetiuse a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco mais de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.
Valeriano entrou en Roma a finais do 253, sendo recoñecido inmediatamente como novo emperador, xa que ademais era de familia senatorial.
Segundo fontes antigas, Emiliano exerceu o seu breve mandato de forma moderada e mantivo boas relacións co Senado. Os autores antigos xa o consideraban un emperador de transición dende a época dos emperadores soldados. Eutropio coméntao:[b] «Emiliano procede dunha familia sen importancia, o seu reinado foi aínda menos importante e no seu terceiro mes foi asasinado».
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Maas (2012), p. LXXV.
- ↑ Kulikowski & (2016), p. 480.
- ↑ Zósimo, século VI
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emiliano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kulikowski, Michael (2016). Imperial Triumph: The Roman World from Hadrian to Constantine (AD 138–363) (en inglés). Londres: Profile. ISBN 9781847654373.
- Maas, Michael (2012). Readings in Late Antiquity: A Sourcebook (en inglés). Abingdon-on-Thames: Routledge. ISBN 9781136617034.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Treboniano Galo |
Emiliano | Precede a: Valeriano |
Crise do século III |