Saltar ao contido

Cyrano de Bergerac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCyrano de Bergerac

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Hercule Savinien Cyrano de Bergerac Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Hercule Savinien de Cyrano Editar o valor en Wikidata
c. 6 de marzo de 1619 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1655 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Sannois, Francia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , filósofo , escritor de ciencia ficción , escritor , poeta , novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1640 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX855352 Musicbrainz: 3c04120a-d868-4aa5-ad52-96a63b0fc684 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Cyrano de Bergerac

Savinien Cyrano de Bergerac, nado en París o 6 de marzo de 1619 e finado en Sannois o 28 de xullo de 1655, foi un escritor francés. Foi contemporáneo de Molière. Morreu aos 36 anos como consecuencia das feridas que lle causou unha viga ao caerlle encima.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun avogado do parlamento e pasou a maior parte da súa infancia en Saint-Forget. Trasladouse a vivir a París e alí discorreu case toda a súa vida.

Logo de retirarse da vida de soldado tras recibir unha ferida durante o sitio de Arras, dedicouse á filosofía facéndose discípulo de Pierre Gassendi.

A influencia da escola materialista percíbese principalmente nas súas obras filosóficas: A Historia Cómica dos Estados e Imperios da Lúa e A Historia Cómica dos Estados e Imperios do Sol, publicadas postumamente nos anos 1657 e 1662 respectivamente.

Na actualidade é máis coñecido pola obra Cyrano de Bergerac de Edmond Rostand, na que se narra unha época da súa vida, que polas súas propias obras. Esta peza foi levada varias veces ao cine, o que deu a coñecer aínda mais a Cyrano.

Traducións ao galego

[editar | editar a fonte]

En galego están traducidas as obras Os Estados e Imperios da Lúa e Os Estados e Imperios do sol por Henrique Harguindey[1] en Rinoceronte Edicións.

  1. Harguindey, Henrique (14 de xaneiro de 2021). Henrique Harguindey: "Cyrano viaxaba a outro mundo para desde alí reflectir a contra deste". Nós Diario. Entrevista con Ana Triñáns. Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]