Caron Butler
(2007) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1980 (44 anos) Racine, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Washington Park High School (en) Universidade de Connecticut (pt) Maine Central Institute (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 200 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Miami Heat, 10º (2002) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Global Conference 2019 (en) |
James Caron Butler, nado o 13 de marzo de 1980 en Racine, Wisconsin, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 2,01 metros de altura xogaba de ala.
Carreira
[editar | editar a fonte]Instituto
[editar | editar a fonte]Creceu en Racine, Wisconsin, onde antes dos 15 anos foi detido en 15 ocasións. Tras unha breve carreira no Insituto Washington Park, matriculouse no Maine Central Institute, onde tivo éxito e recibiu unha bolsa para xogar na Universidade de Connecticut baixo as ordes do adestrador Jim Calhoun.
Universidade
[editar | editar a fonte]Con Calhoun, Butler perdeu peso e desenvolveu o seu xogo de perímetro. No seu primeiro ano, Butler liderou aos Huskies tanto en anotación como no rebote con 15.6 puntos e 7.6 rebotes por encontro. Tras o seu ano freshman, conseguiu a medalla de ouro coa selección estadounidense no Mundial Júnior FIBA de 2001 no Xapón. Butler continuou sorprendendo no seu segundo ano, con medias de 20.3 puntos e 7.5 rebotes por partido, liderando aos Huskies tanto ao título de tempada regular como o da Big East Conference, ademais da a Elite 8 do torneo da NCAA. A pesar dos 32 puntos de Butler, UConn perdeu ante Maryland Terrapins, posteriores campións. Foi nomeado mellor xogador da conferencia xunto con Brandin Knight de Pittsburgh e no segundo equipo do All-American. Tras esta tempada, declarouse elegible para o Draft da NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado por Miami Heat na décima posición do Draft de 2002. Na súa primeira campaña na NBA, fixo uns estelares 15,4 puntos, 5,1 rebotes e 2,7 asistencias en 36,6 minutos de xogo, perdéndose un total de catro encontros por lesión. Finalizou terceiro na votación ao Rookie do Ano tras Amar Stoudemire e Yao Ming, aínda que foi o mellor rookie dos meses de novembro, xaneiro, febreiro e marzo, converténdose no sexto novato da historia da NBA que gaña catro ou máis premios ao rookie do mes xunto con Tim Duncan, Shaquille O'Neal, David Robinson, Ralph Sampson e Terry Cummings. Tamén xogou o Rookie Challenge co equipo de novatos, anotando 23 puntos, repartindo 7 asistencias, collendo 4 rebotes e roubando 4 balóns en 32 minutos.
Na súa segunda campaña nos Heat, perdeuse 13 partidos debido a unha lesión, e as súas medias descenderon considerablemente, en parte pola chegada do rookie Dwyane Wade. Asinou 9,2 puntos, 4,8 rebotes, 1,9 asistencias, 1,1 roubos de balón e 29,9 minutos en 68 partidos, 58 deles como titular. Ao finalizar a tempada, foi traspasado a Los Angeles Lakers con Lamar Odom e Brian Grant a cambio do pivote Shaquille O'Neal.
En California, regresou aos números na súa primeira campaña na NBA, con 15,5 puntos e 5,8 rebotes por noite en 77 partidos, todos eles de titular. A pesar da súa decente tempada individual, o equipo non logrou o obxectivo de clasificarse para playoffs, sendo traspasado a Washington Wizards xunto con Chucky Atkins a cambio de Kwame Brown e Laron Profit. Antes de que dese comezo a nova campaña, Butler asinou un contrato de 5 anos a razón de 46 millóns de dólares. Xunto con Gilbert Areas e Antawn Jamison formou o "Big Three", substituíndo a Larry Hughes, quen asinou con Cleveland Cavaliers. No seu primeiro ano na capital, fixo 17,6 puntos e 6,2 rebotes en 75 partidos, 54 de titular. Combinado con Areas e Jamison, o trío fixo 67,4 puntos por partido, todo un perigo ofensivo. Butler foi chamado polo seu adestrador Eddie Jordan "Tough Juice" (fluído duro), polo seu agresivo e apaixonante xogo, personificado o día que Butler colleu 20 rebotes no sexto partido de playoffs ante os Cavs.
Na súa segunda tempada nos Wizards, Butler foi seleccionado por primeira vez para disputar como suplente o All-Star Game de 2007, ademais de facer 19,1 puntos por partido, 7,4 rebotes e 3,7 asistencias. A mala sorte chegoulle pouco antes de que comezasen os playoffs de 2007, sufrindo unha lesión e por tanto perdéndose a postempada. A súa baixa, xunto coa de Areas, notouse no resultado (4-0) da serie ante os Cavaliers. O 13 de febreiro de 2010, Butler foi traspasado a Dallas Mavericks xunto con Brendan Haywood e DeShawn Stevenson a cambio de Josh Howard, Drew Gooden, James Singleton e Quinton Ross.[1]
O 9 de decembro de 2011, asinou cos Los Angeles Clippers un contrato por 3 anos e 24 millóns de dólares. Durante dúas tempadas coma titular nos Clippers, axudou ó equipo a alcanzar dúas veces os playoffs.
O 10 de xullo de 2013, Butler foi traspasado ós Phoenix Suns xunto a Eric Bledsoe nun traspaso entre tres equipos que levou a Jared Dudley dos Suns e a J. J. Redick dos Milwaukee Bucks ós Clippers, e dúas eleccións de segunda rolda do Draft ós Bucks.[2] O 29 de agosto de 2013, os Suns traspasaron a Butler ós Milwaukee Bucks a cambio de Ish Smith e Viacheslav Kravtsov.[3] O 27 de febreiro de 2014, Butler chegou a un acordo cos Bucks para rescindir o seu contrato.[4]
O 1 de marzo de 2014, Butler asinou un contrato cos Oklahoma City Thunder.[5]
O 15 de xullo de 2014, Butler asinou cos Detroit Pistons un contrato por dous anos e 9 millóns de dólares.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mavericks Acquire Butler, Haywood and Stevenson in Seven-Player Trade
- ↑ Petersen, Matt (2013-07-10). "Suns Complete Deal for Eric Bledsoe and Caron Butler". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑ Suns Trade for Kravtsov, Smith From Bucks. NBA.com (2013-08-29). Consultado o 2013-08-30.
- ↑ Bucks Request Waivers on Caron Butler
- ↑ Thunder Signs Caron Butler
- ↑ Detroit Pistons Sign Free Agent Forward Caron Butler
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Caron Butler Arquivado 06 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en Wisconsin
- Nados en 1980
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Adestradores asistentes dos Miami Heat