Campionato do Mundo de Atletismo 2007
Tipo | Campionato do Mundo de Atletismo |
---|---|
Organizador | Asociación Internacional de Federacións de Atletismo |
Número de participantes | 1.800 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio Nagai (pt) (Nagai Kōen (en) ) 34°36′50″N 135°31′06″L / 34.61389, 135.51833 |
País | Xapón |
Intervalo de tempo | 24 de agosto de 2007 – 2 de setembro de 2007 |
Número de edición | 11 (2007) |
Competición | |
Resultado | |
Lançamento de martelo feminino | Betty Heidler (74,76 m) |
Heptatlo feminino | Carolina Klüft 7.032 puntos. |
800 metros feminino | Janeth Jepkosgei |
O Campionato do Mundo de Atletismo de 2007 celebrouse na cidade xaponesa de Osaca dende o 24 de agosto ao 2 de setembro de 2007, no estadio de Nagai. Foi a undécima edición dos mundiais de atletismo, dende a súa creación en Helsinqui en 1983. Foi ademais a segunda edición dos mundiais en Asia, e tamén a segunda no Xapón, logo de Toquio (mundiais de 1991). Competiuse en 47 disciplinas, 24 masculinas e 23 femininas.
A mascota do evento, chamada Traffie, é unha labarada azul ao estilo do manga e representa a enerxía e vitalidade do pobo xaponés. O nome deriva das palabras inglesas track e field, que é o nome co que se coñece o atletismo. O logotipo oficial baséase na aparencia dun cronómetro dixital, O:SA’KA’’ 2007, onde o O representa as horas, SA os minutos e KA os segundos.
A designación de Osaca anunciáraa a IAAF o 16 de novembro de 2002, logo de que as outras cidades concorrentes Budapest e Berlín retirasen as súas candidaturas.
Participantes
[editar | editar a fonte]Nos mundiais de 2007 participaron 1.981 atletas (1.051 homes e 930 mulleres) de 203 federacións distintas. Esta cifra supuxo un récord, aumentando en 99 atletas e 7 federacións a cifra dos mundiais de Helsinqui 2005.
Galicia non competiu con selección de seu, senón integrada na de España. Outros países e territorios sen recoñecemento oficial completo que si participaron nestes mundiais foron Palestina, Taiwán, Xibraltar, Anguila, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estadounidenses, Turks e Caicos, Guam, Illas Marianas do Norte, Illa Norfolk, Polinesia Francesa e Samoa Americana.
Participación galega
[editar | editar a fonte]O único atleta galego nos Mundiais de Osaca foi o ourensán Santi Pérez, que competiu na marcha de 50 quilómetros. Despois de liderar a proba durante o seu primeiro terzo, retirouse no km 22.
Resultados
[editar | editar a fonte]Proba | |||
---|---|---|---|
100 m mulleres | Veronica Campbell • 11"01 | Lauryn Williams • 11"01 | Carmelita Jeter • 11"02 |
100 m homes | Tyson Gay • 9"85 | Derrick Atkins • 9"91 | Asafa Powell • 9"96 |
100 m valados mulleres | Michelle Perry • 12"46 | Perdita Felicien • 12"49 | Delloreen Ennis-London • 12"50 |
110 m valados homes | Liu Xiang • 12"95 | David Payne • 12"99 | Terrence Trammell • 13"02 |
200 m mulleres | Allyson Felix • 21"81 | Veronica Campbell • 22"34 | Susanthika Jayasinghe • 22"63 |
200 m homes | Tyson Gay • 19"76 | Usain Bolt • 19"91 | Wallace Spearmon • 20"05 |
400 m mulleres | Christine Ohuruogu • 49"61 | Nicola Sanders • 49"61 | Novlene Williams • 49"61 |
400 m homes | Jeremy Wariner • 43"45 | LaShawn Merritt • 43"96 | Angelo Taylor • 43"32 |
400 m valados mulleres | Jana Rawlinson • 53"31 | Iulia Pechénquina • 53"50 | Anna Jesien • 53"92 |
400 m valados homes | Kerron Clement • 47'61" | Félix Sánchez • 48'01" | Marek Plawgo • 48'12" |
4x100 m mulleres | Williams, Felix • 43"01 Barber, Edwards |
Brooks, Stewart • 42"98 Facey, Campbell |
Borlee, Mauriën • 42"75 Ouédraogo, Gevaert |
4x100 m homes | Patton, Spearmon • 37"78 Gay, Dixon |
Anderson, Bolt • 37"89 Carter, Powell |
Malcolm, Pickering • 37"90 Devonish, Lewis-Francis |
800 m mulleres | Janeth Jepkosgei • 1'56"04 | Hasna Benhass • 1'56"99 | Mayte Martínez • 1'57"62 |
800 m homes | Alfred Kirwa Yego • 1'47"09 | Gary Reed • 1'47"10 | Iuri Borsacovsqui • 1'47"39 |
1500 m mulleres | Mariam Iusuf Iamal • 3'58"75 | Ielena Soboleva • 3'58"99 | Irina Lixchinsca • 4'00"69 |
1500 m homes | Bernard Lagat • 3'34"77 | Raxid Ramsi • 3'35"00 | Shedrack Kibet Korir • 3'35"04 |
4x400 m mulleres | Trotter, Felix • 3'18"55 Wineberg, Richards |
S. Williams, Lloyd • 3'19"73 Prendagast, N. Williams |
Ohuruogu, Okoro • 3'20"04 McConnell, Sanders |
4x400 m homes | Merritt, Taylor • 2'55"56 Williamson, Wariner |
Moncur, Mathieu • 2'59"18 Williams, Brown |
Plawgo, Dabrowski • 3'00"05 Marciniszyn, Kozlowski |
3000 m valados mulleres | Iecaterina Volcova • 9'06"57 | Tatyana Petrova • 9'09"19 | Eunice Jepkorir • 9'20"09 |
3000 m valados homes | Brimin Kiprop Kipruto • 8'13"82 | Ezekiel Kemboi • 8'16"94 | R. Kipkemboi Mateelong • 8'17"59 |
5000 m mulleres | Meseret Defar • 14'57"91 | Vivian Cheruiyot • 14'58"50 | Priscah J. Cherono • 14'59"21 |
5000 m homes | Bernard Lagat • 13'45"87 | Eliud Kipchoge • 13'46"00 | Moses Ndiema Kipsiro • 13'46"75 |
10000 m mulleres | Tirunesh Dibaba • 31'55"41 | Elvan Abeylegesse • 31'59"40 | Kara Goucher • 32'02"05 |
10000 m homes | Kenenisa Bekele • 27'05"90 | Sileshi Sihine • 27'09"03 | Martin Irungu Mathathi • 27'12"17 |
Marcha de 20 km mulleres | Olga Canisquina • 1'30"09 | Tatiana Xemiaquina • 1'30"42 | María Vasco • 1'30"47 |
Marcha de 20 km homes | Jefferson Pérez • 1:22:20 | Francisco Fernández • 1:22:40 | Hatem Ghoula • 1:22:40 |
Marcha de 50 km homes | Nathan Deakes • 3:43'53" | Yohan Diniz • 3:44'22" | Alex Schwazer • 3:44'38" |
Maratón mulleres | Catherine Ndereba • 2:30'37" | Chunxiu Zhou • 2:30'45" | Reiko Tosa • 2:30'55" |
Maratón homes | Luke Kibet • 2:15'59" | Mubarak Hassan Shami • 2:17'18" | Viktor Röthlin • 2:17'25" |
Salto de lonxitude mulleres | Tatiana Lebedeva • 7,03 m | Liudmila Colchanova • 6,92 m | Tatiana Cotova • 6,90 m |
Salto de lonxitude homes | Irving Saladino • 8,57 m | Andrew Howe • 8,47 m | Dwight Phillips • 8,30 m |
Triplo salto mulleres | Yargelis Savigne • 15,28 m | Tatiana Lebedeva • 15,07 m | Hrisopií Devetsí • 15,04 m |
Triplo salto homes | Nélson Évora • 17,74 m | Jadel Gregório • 17,59 m | Walter Davis • 17,33 m |
Salto de altura mulleres | Blanka Vlašic • 2,05 m | Antonietta Di Martino • 2,03 m | Anna Chicherova • 2,03 m |
Salto de altura homes | Donald Thomas • 2,35 m | Iaroslav Ribacov • 2,35 m | Quiriacos Ioanu • 2,35 m |
Salto con pértega mulleres | Ielena Isinbaeva • 4'80 m | Katerina Badurová • 4'75 m | Svetlana Feofanova • 4'75 m |
Salto con pértega homes | Brad Walker • 5,86 m | Romain Mesnil • 5,86 m | Danny Ecker • 5,81 m |
Lanzamento de peso mulleres | Valerie Vili • 20,54 m | Naxeia Ostapchuk • 20,48 m | Nadine Kleinert • 19,77 m |
Lanzamento de peso homes | Reese Hoffa • 22,04 m | Adam Nelson • 21,61 m | Andrei Mighnevich • 21,27 m |
Lanzamento de disco mulleres | Franka Dietzsch • 66,61 m | Daria Pixchalnicova • 65,78 m | Yarelis Barrios • 63,90 m |
Lanzamento de disco homes | Gerd Kanter • 68,94 m | Robert Harting • 66,68 m | Rutger Smith • 66,42 m |
Lanzamento de martelo mulleres | Betty Heidler • 74,76 m | Yipsi Moreno • 74,74 m | Wenxiu Zhang • 74,39 m |
Lanzamento de martelo homes | Ivan Tsighan • 83,63 m | Primož Kozmus • 82,29 m | Libor Charfreitag • 81,60 m |
Lanzamento de xavelina mulleres | Barbora Špotáková • 67,07 m | Christina Obergföll • 66,46 m | Steffi Nerius • 64,42 m |
Lanzamento de xavelina homes | Tero Pitkämäki • 90,33 m | Andreas Thorkildsen • 88,61 m | Breaux Greer • 86,21 m |
Héptatlon mulleres | Carolina Klüft • 7.032 puntos | Liudmila Blonsca • 6.832 puntos | Kelly Sotherton • 6.510 puntos |
Décatlon homes | Roman Šebrle • 8676 puntos | Maurice Smith • 8644 puntos | Dmitri Carpov • 8586 puntos |
Medalleiro
[editar | editar a fonte]Posto | País | Total | |||
---|---|---|---|---|---|
1 | Estados Unidos | 14 | 4 | 8 | 26 |
2 | Kenya | 5 | 3 | 5 | 13 |
3 | Rusia | 4 | 8 | 4 | 16 |
4 | Etiopía | 3 | 1 | 4 | |
5 | Alemaña | 2 | 1 | 2 | 5 |
6 | República Checa | 2 | 1 | 3 | |
7 | Australia | 2 | 2 | ||
8 | Xamaica | 1 | 6 | 3 | 10 |
9 | Bahamas | 1 | 2 | 3 | |
10 | Reino Unido | 1 | 1 | 3 | 5 |
11 | Belarús | 1 | 1 | 1 | 3 |
Cuba | 1 | 1 | 1 | 3 | |
China | 1 | 1 | 1 | 3 | |
14 | Bahrain | 1 | 1 | 2 | |
15 | Ecuador | 1 | 1 | ||
Nova Zelandia | 1 | 1 | |||
Suecia | 1 | 1 | |||
Portugal | 1 | 1 | |||
Estonia | 1 | 1 | |||
Panamá | 1 | 1 | |||
Croacia | 1 | 1 | |||
Finlandia | 1 | 1 | |||
23 | Italia | 2 | 1 | 3 | |
24 | Francia | 2 | 2 | ||
Canadá | 2 | 2 | |||
26 | España | 1 | 2 | 3 | |
27 | Ucraína | 1 | 1 | 2 | |
28 | Qatar | 1 | 1 | ||
Turquía | 1 | 1 | |||
Eslovenia | 1 | 1 | |||
Marrocos | 1 | 1 | |||
Brasil | 1 | 1 | |||
República Dominicana | 1 | 1 | |||
Noruega | 1 | 1 | |||
35 | Polonia | 3 | 3 | ||
36 | Tunisia | 1 | 1 | ||
Suíza | 1 | 1 | |||
Eslovaquia | 1 | 1 | |||
Países Baixos | 1 | 1 | |||
Chipre | 1 | 1 | |||
Grecia | 1 | 1 | |||
Sri Lanka | 1 | 1 | |||
Casaquistán | 1 | 1 | |||
Bélxica | 1 | 1 | |||
Xapón | 1 | 1 | |||
Uganda | 1 | 1 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resultados completos na web da IAAF
- Web oficialArquivado 06 de agosto de 2020 en Wayback Machine.