Saltar ao contido

Ayran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ayran ou Tan (IPA: [aɪˈran]) (Turco: ayran; kazako Айран; búlgaro: айрян ou ás veces мътеница / бърканица (literalmente "auga aceitosa"); macedonio: матеница, аjрaн; grego: Αϊράνι; armenio: Թան; asirio: Döweh; albanés: Dhallë) é unha bebida moi popular en Turquía, Bulgaria, Armenia, os Balcáns e no Medio Oriente. Variantes desta bebida tómanse en toda Asia occidental e meridional con diferentes nomes. A bebida componse de iogur (ou leite agre) e mais auga. O iogur empregado provén do leite de ovella e ten un sabor lixeiramente ácido e textura espesa. Adoita tomarse con sal e incluso pementa. Esta bebida sérvese fría e tómase como acompañamento durante as comidas. En Armenia chámase Tan, e se fabrica do mesmo xeito, sexa con gas o sen gas.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]