Amynthas mekongianus
Amynthas mekongianus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Megascolex mekongianus |
Amynthas mekongianus, antes chamado Megascolex mekongianus, é unha especie de verme oligoqueto de gran tamaño da familia Megascolecidae. É nativo da zona do río Mekong no sueste asiático. Pode ter máis de 500 segmentos corporais e crecer ata os 2,9 m.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Este verme xigante do Mekong pode medrar ata unha lonxitude de 2,9 m.[2] En comparación coa súa grande lonxitude, estes vermes son relativamente delgados.[3] O espécime tipo tiña un metro de longo e 8 mm de largo no punto de maior anchura, que é o segmento 5. Tiña 370 segmentos e era dunha cor cincenta, máis claro na parte ventral. O prostomio estaba mal conservado. O segundo segmento tiña 46 sedas (quetas) nun anel incompleto cun oco na superfice ventral. Os segmentos 3 ao 25 tiñan unhas 100 sedas cada un, dispostas nun anel completo. Os poros do macho estaban no segmento 17, pero este espécime co que se fixo a descrición da especie tipo era inmaturo e faltáballe o clitelo.[1]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O espécime tipo foi rexistrado como recollido en "Ban Leum no río Mekong, Annam". Creuse por erro que se refería a unha vila no centro de Vietnam que está bastante lonxe do río Mekong, pero despois descubriuse que "Ban leum" significa "Esquecín o lugar" no dialecto local, e a localidade tipo crese que está en Tailandia ou Laos. O río forma un delta nese punto e contén amplas chairas lamacentas e areosas e terrapléns onde vive o verme. Cómeno os porcos e os pescadores escavan para apañalo para que lles sirva de isco.[1]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]A diferenza da maioría das outras especies de vermes xigantes, que xeralmente habitan en zonas de pasteiros, os túneles que fai o verme do Mekong están en ribeiras lamacentas do río Mekong en Laos.[2] O verme forma redes complexas de túneles e leva grandes cantidades de terra que inxeriu á superficie en forma de compost de verme.[4] Os vermes poden ser recollidos da lama, pero son máis doados de coller baixo a auga a profundidades duns 40 cm. Pouco se sabe da súa ecoloxía.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Blakemore, Robert J.; Csuzdi, Csaba; Ito, M.T.; Kaneko, N.; Paoletti, M.G.; Spiridonov, S.E.; Uchida, T.; Van Praahg, B.D. (2007). "Megascolex (Promegascolex) mekongianus Cognetti, 1922 – its extent, ecology and allocation to Amynthas (Clitellata/Oligochaeta: Megascolecidae)". Opuscula Zoologica (Budapest) 36: 19–30.
- ↑ 2,0 2,1 Grime, J. Philip; Pierce, Simon (2012). The Evolutionary Strategies that Shape Ecosystems. John Wiley & Sons. p. 121. ISBN 978-1-118-22327-7.
- ↑ Blakemore, R.J. "Terrestrial earthworms: body size range". Consultado o 28 October 2017.
- ↑ Ritz, Karl (2011). The Architecture and Biology of Soils: Life in Inner Space. CABI. p. 72. ISBN 978-1-84593-533-7.