20 de abril
data
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: 20 de abril (canción).
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
O 20 de abril é o 110º día do ano do calendario gregoriano (111º nos anos bisestos). Quedan 255 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1902 - Pierre e Marie Curie illan o radio.
- 1949 - A Garda civil asalta o refuxio do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia en Chavaga, e mata a catro guerrilleiros (Evaristo González Pérez, Guillermo Morán García, Gregorio Colmenero Fernández e Julián Acebo Alberca) e dous enlaces.
- 1999 - Masacre do instituto de Columbine, en Littleton, Colorado (13 persoas mortas e 21 feridas).
- 2013 - Xesús Alonso Montero escollido Presidente da RAG.
Nacementos
editar- 1808 - Napoleón III, emperador francés.
- 1824 - Francesc Pi i Margall, político e escritor catalán (m. 1901).
- 1846 - Alexandre de Serpa Pinto, explorador portugués (m. 1900).
- 1851 - Eduardo Acevedo Díaz, escritor, xornalista e político uruguaio (m. 1921).
- 1859 - Vincenzo Cerulli, astrónomo e matemático italiano (m. 1927).
- 1886 - Felipe Bello Piñeiro, pintor galego (m. 1952)
- 1889 - Adolf Hitler, político alemán de orixe austríaca.
- 1893 - Joan Miró, pintor catalán (m. 1983).
- 1893 - Harold Lloyd, actor estadounidense (m. 1971).
- 1894 - Xosé Silva Martínez, dirixente comunista galego (m. 1949).
- 1906 - Augusto Assía, escritor e xornalista galego.
- 1918 - Kai Siegbahn, físico sueco (m. 2007).
- 1923 - Tito Puente, músico portorriqueño (m. 2000).
- 1935 - Mario Camus, director de cinema español.
- 1939 - Gro Harlem Brundtland, política, diplomática e médica norueguesa.
- 1940 - Pilar Miró, periodista e directora de cine española (m. 1997).
- 1942 - Arto Paasilinna, escritor finlandés.
- 1946 - Miguel Castelo, xornalista e cineasta galego.
- 1948 - María José Ares Casal, política galega.
- 1948 - Claudio López Garrido, economista e político galego.
- 1964 - Wiliame Katonivere, 6º presidente de Fidxi.
- 1973 - Montse Calleja, física galega especializada en nanotecnoloxía e biosensores.
- 1975 - Laura Seara, política, avogada e empresaria galega.
Mortes
editar- 1693 - Claudio Coello, pintor barroco español.
- 1821 - Franz Karl Achard, químico prusiano. (n. 1753)
- 1878 - Francisco Añón, poeta galego do Rexurdimento.
- 1912 - Bram Stoker, escritor irlandés (n. 1847).
- 1912 - Rogelio Martínez Garzón, comerciante e político galego (n. 1857).
- 1918 - Eduardo Cobián Roffignac, político galego.
- 1927 - Enrique Simonet pintor valenciano.(n. 1866)
- 1932 - Giuseppe Peano, matemático e filósofo italiano.
- 1944 - Amador Villar Amor, escritor galego (n. 1866).
- 1946 - Henry Handel Richardson, escritora australiana (n. 1870).
- 1953 - Erich Weinert, escritor alemán (n. 1890).
- 1970 - Paul Celan, poeta alemán.
- 1988 - Eulogio Gómez Franqueira, empresario e político galego.
- 1998 - Carmen Balboa López, mestra galega.
- 1999 - Cantinflas, actor mexicano.
- 2017 - Antonio Eiras Roel, historiador galego (n. 1931).
- 2020 - Luz Pozo Garza, poeta galega (n. 1922)