1918
ano
1918 (MCMXVIII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
1918 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1918 MCMXVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2671 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1367 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4614 – 4615 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5678 – 5679 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1973 – 1974 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1840 – 1841 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5019 – 5020 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1296 – 1297 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1337 – 1338 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2168 | ||||||||||||||||||
|
Este ano marcou a fin da Gran Guerra (primeira guerra mundial), conflito que resultou na morte de entre 15 e 22 millóns de persoas (1 % da poboación total nese momento). As consecuencias da guerra continuarán afectando a Europa e ao resto do mundo durante os seguintes anos.
Acontecementos
editar- 1 de xaneiro, Estados Unidos, o actor británico Charles Chaplin inaugura os seus propios estudios cinematográficos en Hollywood.
- 4 de xaneiro, Rusia recoñece a independencia da Finlandia.
- Marzo, prodúcese a Revolta das Pedradas ou Revolta do Pan, protesta popular en Trasancos, dende Valdoviño a Pontedeume
- 17 de xullo, asasinato da familia imperial rusa en Ekaterimburgo.
Acontecementos de maior duración
editar- Primeira guerra mundial (1914-1918).
- Xenocidio armenio (1915-1918).
- Holocausto helénico (1914-1922).
Nacementos
editar- 6 de xaneiro - Manuel Cabaleiro Goás, psiquiatra galego (m. 1977).
- 8 de febreiro - Enrique Tierno Galván, político español.
- 15 de febreiro - Marcial Suárez, escritor galego (m. 1996).
- 5 de marzo - James Tobin, economista estadounidense.
- 31 de marzo - Pura Vázquez, escritora galega.
- 1 de abril - Manuel de Pedrolo, escritor catalán (m. 1990)
- 14 de xullo - Ingmar Bergman, cineasta sueco.
- 18 de xullo - Nelson Mandela, presidente de Suráfrica.
- 25 de agosto - Leonard Bernstein, compositor e director de orquestra estadounidense.
- 8 de setembro - Derek Harold Richard Barton, químico británico, premio Nobel de Química en 1969. (m. 1998)
- 14 de setembro - Cachao López, músico e compositor cubano.
- 19 de outubro - Louis Althusser, filósofo francés.
- 22 de novembro - Blas Piñar, político e notario español, fundador de Fuerza Nueva. (m. 2014)
- 11 de decembro - Alexander Solzhenitsin escritor, historiador e Premio Nobel de Literatura ruso. (m. 2008)
- 21 de decembro - Kurt Waldheim, diplomático e político austríaco.
- Abelardo Miguel - pintor galego. (m.1991)
Mortes
editar- 6 de xaneiro - Georg Cantor, matemático alemán.
- 19 de xaneiro - Eladio Oviedo Arce, sacerdote e historiador galego (n. 1864).
- 6 de febreiro - Gustav Klimt, pintor austríaco.
- 8 de febreiro - Louis Renault, xurista francés, premio Nobel da Paz en 1907.
- 10 de febreiro - Ernesto Teodoro Moneta, editor e pacifista italiano, premio Nobel da Paz en 1907.
- 6 de marzo - Bernardo Bermúdez Jambrina, actor e escritor galego (n. 1887).
- 25 de marzo - Claude Debussy, compositor francés.
- 20 de abril - Karl Ferdinand Braun, físico alemán, premio Nobel de Física en 1909.
- 21 de abril - Manfred von Richthofen, o Barón Vermello, aviador militar alemán.
- 30 de maio - Georgi Plekhanov, revolucionario ruso.
- 17 de xullo - Nicolao II, tsar de Rusia (1894-1917).
- 17 de xullo - Alexandra Fiodorovna Romanova, tsarina de Rusia.
- 17 de xullo - Aleksei, Olga, María, Tatiana, Anastasia
- 28 de setembro - Georg Simmel, filósofo e sociólogo alemán.
- 20 de outubro - Ezequiel Ordóñez González, avogado e político galego.
- 27 de outubro - Luís Porteiro Garea, avogado e político galego.
- 28 de outubro - Bernardino González Paz, avogado e político galego.
- 9 de novembro - Guillaume Apollinaire, poeta francés.
- 21 de novembro - Francisco Romero Blanco, médico galego (n. 1838).
- Física: Max Planck
- Química: Fritz Haber
- Fisioloxía ou Medicina: Non concedido
- Literatura: Non concedido
- Paz: Non concedido
Outros
editarNotas
editar- ↑ Saa González, Ignacio (2014/11/10). Constantino Candeira. Porto de Camposancos (Río Miño).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1918 |