Domingo

sétimo día da semana

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.

Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira[1], soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño)[2] . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima)[3].

Nomes noutras linguas

editar
 
Domingo nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Sonntag Día do Sol
Búlgaro Неделя/Nedelia Día que non se traballa
Catalán Diumenge Día do Señor
Checo Neděle Día que non se traballa
Chinés Tradicional 星期天/Xīng Qī Tian
星期日/Xīng Qī Rī
Día do Paraíso
Día do Sol
Español Domingo Día do Señor
Éuscaro Igandea "Igan Handia" ("O cumio da suba da lúa chea")
Francés Dimanche Día do Señor
Holandés Zondag Día do Sol
Inglés Sunday Día do Sol
Irlandés Dé Domhnaigh Día do Señor
Islandés Sunnudagur Día do Sol
Italiano Domenica Día do Señor
Noruegués Søndag Día do Sol
Quechua Inti P'unchay Día do Sol
Polaco niedziela Día que non se traballa
Portugués
Domingo Día do Señor
Romanés Duminica Día do Señor
Ruso Воскресенье/Vaskriesienie Resurrección
Xaponés 日曜日/Nichiyoubi Día do Sol
editar
  • Algún día será domingo e martes de entroido [4]
  • Cada martes ten o seu domingo [5]
  • Cando chove o domingo antes da misa, toda a seman vai de risa [6]
  • Cando o ano entrare en domingo, vende os bois e merca millo [7]
  • Cando o domingo chove dispois da misa, a semaniña enteira vaise de risa [8]
  • Día de entroido e domingo de páscoa, cada larpeiro na sua casa [9]
  1. Instituto da Lingua Galega. "Domingo". Índices do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). 
  2. Ben Falado! - O que todo galego debe saber do portugués (9) (Programa de televisión). Televisión de Galicia. Escena en 2:10. 
  3. "Por que domingo não se chama primeira-feira?". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 07 de marzo de 2014. (en portugués)
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. martes.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. domingo.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. entroido.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar