22 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 22 de novembro é o 326º día do ano no Calendario Gregoriano e o 327º nos anos bisestos. Quedan 39 días para rematar o ano.
Acontecementos
editar- 1462 - en España publícase a primeira constancia escrita da chegada dos xitanos a Andalucía.[1]
- 1943 - O Líbano independízase de Francia.
- 1963 - John Fitzgerald Kennedy, presidente de Estados Unidos é asasinado en Dallas, Texas.
- 1975 - Xoán Carlos I de España xura o seu cargo como rei ante as Cortes.
- 2007 - O concello da Coruña coloca a figura dunha muller nos semáforos para peóns. É o primeiro concello galego en facelo, tralos precedentes de Fuenlabrada e Sagunt.
Nacementos
editar- 1852 - Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant, diplomático francés, Premio Nobel da Paz (m. 1924).
- 1868 - Cecilio Bedia Caballería, militar galego (m. 1953).
- 1869 - André Gide, escritor francés, Premio Nobel de Literatura (m. 1951).
- 1890 - Charles de Gaulle, presidente de Francia (m. 1970).
- 1898 - Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego (m. 1985).
- 1904 - Louis Eugène Félix Néel, físico francés, Premio Nobel de Física (m. 2000)
- 1917 - Andrew Fielding Huxley, científico británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 2012).
- 1924 - Geraldine Page, actriz estadounidense (m. 1987).
- 1929 - Xohana Torres, escritora galega (m. 2017).
- 1936 - Camilo Nogueira Román, político e economista galego.
- 1958 - Jamie Lee Curtis, actriz estadounidense.
- 1967 - Boris Becker, tenista alemán.
- 1982 - Fernando Schweitzer, actor brasileiro.
- 1984 - Scarlett Johansson, actriz estadounidense.
Mortes
editar- 1916 - Jack London, escritor estadounidense (n. 1876).
- 1963 - John Fitzgerald Kennedy, 35º presidente dos EEUU de América (1961-1963) (n. 1917).
- 1963 - Aldous Huxley, escritor británico (n. 1894).
- 1963 - Clive Staples Lewis, escritor irlandés (n. 1898).
- 1980 - Mae West, actriz estadounidense (n. 1893).
- 1980 - Ramón Fernández Mato, xornalista e político galego (n. 1889).
- 1981 - Hans Adolf Krebs, médico e bioquímico alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1900).
- 1989 - René Moawad, presidente de Líbano (n. 1925).
- 1996 - María Casares, actriz coruñesa que triunfou no exilio en Francia (n. 1922).
- 2000 - Emil Zátopek, atleta checo (n. 1922).
- 2001 - Spencer Holst, escritor estadounidense (n. 1926).
- 2005 - María Victoria Moreno, profesora e escritora (n. 1939)
- 2016 - Dorotea Bárcena, actriz e directora de teatro galega (n. 1944).
Festas e celebracións
editarNotas
editar- ↑ "El colegio gitano de Triana en el corazón de una 'cava' que el franquismo arrasó - lavozdelsur.es". lavozdelsur.es (en castelán). 22 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019.
Outros
editar- Santoral: Icía de Roma