15 de setembro
data
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 15 de setembro é o 258º día do ano do calendario gregoriano e o 259º nos anos bisestos. Quedan 107 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1821 - Costa Rica, Nicaragua, O Salvador, Honduras e Guatemala alcanzan a independencia de España.
- 1873 - Inaugúrase o primeiro ferrocarril galego, que une Cornes (Santiago) con Carril (Vilagarcía).
- 1936 - Son asasinados en Cabral os republicanos vigueses Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Adolfo Morgade Pazos, Luis Bilbatúa Zubeldia, Abraham Muñoz Arconada, Inocencio Taboada Montoto e Marcial Araujo Conde.
- 1977: Publicase o libro O Silmarillion de J. R. R. Tolkien
Nacementos
editar- 973 - Al Biruni, matemático, astrónomo e polígrafo persa (m. 1048).
- 1254 - Marco Polo, viaxeiro veneciano (m. 1324).
- 1789 - James Fenimore Cooper, escritor estadounidense (m. 1851).
- 1811 - Nicomedes Pastor Díaz, escritor, xornalista e político galego (m. 1863).
- 1830 - Porfirio Díaz, militar e político mexicano, presidente de México (m. 1915).
- 1851 - Manuel Curros Enríquez, escritor, poeta e xornalista galego (m. 1908).
- 1857 - William Howard Taft, xurista e político estadounidense, presidente dos Estados Unidos (m. 1930).
- 1887 - Joaquín Urzáiz Cadaval, político e diplomático galego (m. 1957).
- 1890 - Agatha Christie, escritora británica (m. 1976).
- 1894 - Jean Renoir, cineasta francés (m. 1979).
- 1894 - Oskar Klein, físico teórico sueco (m. 1977).
- 1904 - Ramón Areces Rodríguez, empresario español (m. 1989).
- 1904 - Humberto II, rei de Italia (m. 1983).
- 1906 - Jacques Becker, cineasta francés (m. 1960).
- 1919 - Fausto Coppi, ciclista italiano (m. 1960).
- 1926 - Shōhei Imamura, cineasta xaponés (m. 2006).
- 1927 - Alfonso Vilar Lamelas, escultor galego (m. 2011).
- 1929 - Murray Gell-Mann, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1969.
- 1937 - Xosé López Orozco, avogado e político arxentino, presidente da Arxentina.
- 1945 - Carmen Maura, actriz española .
- 1946 - Oliver Stone, director de cine estadounidense.
- 1947 - Xosé López Orozco, político galego.
- 1950 - Xesús González Gómez, escritor, tradutor e crítico literario galego.
- 1951 - Johan Neeskens, futbolista internacional e adestrador neerlandés.
- 1972 - Letizia Ortiz Rocasolano, raíña consorte de España.
Mortes
editar- 668 - Constante II, emperador bizantino (n. 630).
- 1866 - John Blake Dillon, escritor e nacionalista irlandés (n. 1814).
- 1891 - Iván Goncharov, escritor ruso (n. 1812).
- 1926 - Rudolf Eucken, escritor e filósofo alemán, Premio Nobel de Literatura en 1908 (n. 1932).
- 1945 - Anton Webern, compositor austríaco (n. 1883).
- 1968 - Ramón González-Alegre, escritor e avogado leonés (n. 1920).
- 1973 - Ramón de la Fuente Leal, futbolista internacional e adestrador español (n. 1907).
- 1980 - Bill Evans, pianista de jazz estadounidense (n. 1929).
- 2006 - Oriana Fallaci, escritora e xornalista italiana (n. 1929).
- 2013 - Olimpio Liste Regueiro, mestre e etnógrafo galego (n. 1932).
Festas e celebracións
editar- Día Internacional da Democracia [1].
- Día Europeo da Saúde Prostática [2].
Outros
editar- Santoral: Nosa Señora das Dores