vetillo
Aparencia
Galego
vetillo
singular | plural |
vetillo | vetillos |
- (Gandaría) Trebello que se pon no fociño do becerro co que se pretende evitar que mame, ou da vaca para evitar que pare a pastar mentres ara ou turra do carro.
- Sinónimos: bocal, buzo, buceira, embozo.
- Exemplo: Aínda a vaca non pariu e xa lle queremos pór o vetillo ao xato.
- Observacións: Este trebello pode ser de dous tipos: un aparello semiesférico feito de arame, corda, vergas ou vimbios, no que se introduce o fociño, para usar en vacas ou becerros maiores; ou unha táboa que se ata ós cornos do becerriño e pendura sobre a fronte, e presenta uns cravos na parte inferior que mancarían o ubre da vaca se o becerro se intentase achegar.