Saltar ao contido

indicio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /iŋ.'di.θjo̯/ ou /iŋ.'di.sjo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

indicio (sg: indicio; pl: indicios)

  1. Fenómeno que permite coñecer a existencia de algo non percibido.
    • Exemplo: Hai indicios de que pode haber ferro nesta veta. A fuga do sospeitoso foi un indicio da súa culpa.

  2. Cantidade moi pequena de algo.
    • Exemplo: A policía achou na bebida indicios de arsénico.

Termos relacionados

indicios vehementes, proba de indicios.