Saltar ao contido

entre

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈentɾe̝/ (AFI)

Preposición

entre

  1. Indica a situación dunha cousa ou acción, no medio con respecto a outras que están ou ocorren unha antes e outra despois.
    • Exemplo: A vila está entre dous ríos. Non comín nada entre o almorzo e a cea.

  2. Indica que algo participa das características de dúas cousas no medio das cales está situado, pero sen identificarse por completo con ningunha delas.
    • Exemplo: Este vestido ten unha cor entre encarnada e amarela.

  3. Indica que algo ou alguén está incluído dentro dun grupo.
    • Exemplo: Non está entre os meus mellores amigos.

  4. No medio de, no interior de.
    • Exemplo: Atopeino entre a roupa.

  5. Indica comparación ou relación entre dúas ou máis persoas ou cousas.
    • Exemplo: Cal é a diferenza entre un e outro?

  6. Indica cooperación ou intervención de dúas ou máis persoas ou cousas.
    • Exemplo: Entre todos remataron o traballo axiña.

Termos relacionados

entre-