Yr Hen Ogledd
Yr Hen Ogledd é unha expresión galesa que significa 'O Vello Norte' e que se refire aos reinos britanos posteriores aos romanos situados no que hoxe é o norte de Inglaterra (incluíndo Cumbria e o sur de Escocia. Pode ser que o cúmbrico, un dialecto da linguas britónicas moi parecido ao galés, fose a lingua falada polos Homes do Norte (Gwŷr y Gogledd en galés).[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Estes reinos floreceron durante os séculos V, VI e VII na área meridional do territorio dos pictos. A xente destes países eran denominados Gwŷr y Gogledd ou 'Homes do Norte'. Unha serie de liñaxes galeses antigos, coñecidos como Bonhed Gwŷr y Gogleded yw Hyn semellan amosar a descendencia de moitos destes monarcas.[2] A meirande parte deles comezan cun devanceiro común, Coel Hen.
Os nomes dalgúns destes reinos e posíbeis reinos menores perdéronse para a historia. Algúns dos que sobreviviron só se coñecen por unha simple referencia. As terras coñecidas do Hen Ogledd inclúen:
- Aeron (Strath Eireann?).
- Manaw (ou Manaw Gododdin).
- Din Eidyn (Edimburgo).
- Gododdin.
- Strathclyde (Alt Clut/Ystrad Clud).
- Novant (Nouant).
- Rheged.
- Argoed (Rheged do sur).
- Ebrauc (Efrog/York) (nome exacto descoñecido).
- Bryneich.
- Deifr.
- Dent (Dunoting[3][4][5]).
- Peak (ou The Peak).
- Elmet (Elfed).
- Arfderydd.
- Calchfynydd.
- Caer Gwenddoleu.
As liñaxes tamén inclúen unha confusa versión da liñaxe de Áedán e Gabrán, xefes do reino gaélico de Dál Riata, entre os Homes do Norte.[2]
Os estados britanos desapareceron todos ou caeron so outros reis como consecuencia dos sucesivos ataques que desde o século VI en diante fixeron os anglos de Bernicia e Deira (que se unificaron para formaren o reino de Northumbria), e os pictos, quen tamén absorberon Dál Riata, e polo tanto uniron os dous territorios do reino de Alba. A máis antiga poesía galesa conservada, coñecida como Hengerdd e representada polas obras de Aneirin e Taliesin, foi composta en Yr Hen Ogledd.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kenneth Jackson, Language and History in Early Britain, p. 9-10
- ↑ 2,0 2,1 Bromwich, pp. 256–257.
- ↑ Dunoting/Dunault (North Pennines). The History Files. Data de acceso: 2008-07-25. – non hai que confundilo co reino menor de Dunoding en Gwynnedd.
- ↑ Ford, David Nash. Historical Chronology of Early British Kingdoms. Early British Kingdoms. [1] Arquivado 28 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ St. Deiniol Gwyn, Bishop of Bangor Fawr (c. AD 535-584). Britannia. 2008. [url=http://www.britannia.com/bios/ebk/deinigpn.html Arquivado 31 de marzo de 2009 en Wayback Machine.]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bromwich, Rachel (2006). Trioedd Ynys Prydein: The Triads of the Island of Britain. University Of Wales Press. ISBN 0-7083-1386-8.
- Jackson, Kenneth: Language and History in Early Britain, Edinburgh University Press, 1953.