Xanthocyparis vietnamensis
Xanthocyparis vietnamensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Xanthocyparis vietnamensis Farjon & T. H. Nguyên, 2002 |
Xanthocyparis vietnamensis é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das dúas incluídas no recente novo xénero Xanthocyparis.
Características
[editar | editar a fonte]As principais caracteírticas de Xanthocyparis vietnamensis son:[2]
É moi semellante á súa máis coñecida conxénere, Xanthocyparis nootkatensis, da que se diferencia sobre todo pola cor dourada da súa follaxe.
Trátase dunha árbore perennifolia, dioica, que alcanza de 10 a 15 m de altura.
O seu tronco é recto, cilíndrico, coa casca de cor que vai da parda á parda agrisada, lisa e delgada nas pólas, exfoliándose en láminas finas e estreitas no tronco das árbores máis grandes. Nos espécimes novos o tronco é de cor que vai da púrpura até á parda avermellada.
As pólas son longas, e están dispostas máis ou menos horizontalmente.
Presenta numerosas ramiñas de follaxe, que se abren en abanos lixieramente caídos no extremo, formando unha copa piramidal nas árbores novas, sen separarse, e irregulares ou planas na copa dos exemplares vellos.
Os conos polinírefos son ovalados, de 2,5 a 3,5 mm de lonxitude e de 2 a 2,5 mm de diámetro máximo.
O conos femininos (piñas) son escasos, pero ás veces aparecen agrupados 2 ou 3 xuntos, nas marxes exteriores das pólas. Maduran no curso en dous anos, e ao principio son de cor verde, que se torna a parda escura na madurez. Son subglobulares, de 9 a 11 mm de longo e de 10 a 12 mm de diámetro cando están abertos. Algúns destes conos persisten na árbore despois da dispersión das sementes.
Distribución
[editar | editar a fonte]Xanthocyparis vietnamensis é endémica do Vietnam, encontrándose tan só nas montañas cársicas calcarias da provicia de Ha Giang, no norte de Vietnam.[1][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descuberta polos científicos occidentais en outubro de 1999 e denominada como Cupressus vietnamensis (Farjon) Silba e Callitropsis vietnamensis (Farjon & Hiep) D.P. Little
Pouco despois foi descrito un novo xénero (Xanthocyparis), e unha nova especie, Xanthocyparis vietnamensis, estreitamente relacionada con Xantocyparis nootkatensis, que foi transeferida ao novo xénero Xanthocyparis en 2002 polos botánicos Aljos Farjon (neerlandés) e Nguyen Tien Hiep (vietnamita).[2] [4]
Posteriormente, Little et al., en 2004, sinalaron que se lle dera a Xanthocypakatensis un nome anterior no xénero Callitropsis Oerst., 1864), pero este nome foi abandonado máis adiante en favor de Xanthocyparis.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]A especie coñécese tamén polos sinónimos:[6]
- Cupressus vietnamensis (Farjon) Silba
- Callitropsis vietnamensis (Farjon & Hiep) D.P. Little
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Xanthocyparis vietnamensis Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión 2017-3. Consultada o 9 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Farjon et al. 2002.
- ↑ Thompson, Christian (15-12-2008). "First Contact in the Greater Mekong" (pdf). World Wildlife Fund. Consultado o 9 de xaneiro de 2018.
- ↑ Á veces encóntrase a abreviatura Hiep en lugar de T. H. Nguyên entre os autores da descrición desta especie. Trátase dun error debido a unha confusión, desde hai tempo, entre o apelido e o segundo nome desta persoa.
- ↑ Little et al. 2004.
- ↑ Xanthocyparis vietnamensis Arquivado 09 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. en ZipcodeZoo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xanthocyparis vietnamensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xanthocyparis vietnamensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Averyanov, L. V.; Hiep, N. T.; Harder, D. K. & Loc, P. K. (2002): "The history of discovery and natural habitats of Xanthocyparis vietnamensis (Cupressaceae)". Turczaninowia 5 (4): 31-39.
- Farjon, A. (2010): A Handbook of the World's Conifers. 2 vols. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0474-3062-9.
- Farjon, A.; Hiep, N. T.; Harder, D. K., Loc, P. K. & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12 (2): 179-189.
- Little, Damon P.; Andrea E. Schwarzbach; Robert P. Adams & Chang-Fu Hsieh (2004): "The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae)". American Journal of Botany. 91 (11): 1872–1881.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cupressus vietnamensis (Farjon et T.H.Nguyèn) Silba en The Gymnosperm Database (en inglés).
- Xanthocyparis vietnamensis na EOL (en inglés).
- Cupressus vietnamensis (Farjon & T.H.Nguyên) Silba no IPNI.