Wikipedia en suahili
Wikipedia en suahili | |
---|---|
Logo da Wikipedia en suahili. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Suahili |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Na rede | |
https://sw.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en suahili (en suahili: Wikipedia ya Kiswahili) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua suahili. É a meirande edición de Wikipedia nunha lingua níxer-congo ou nilo-sahariana, seguida pola Wikipedia en yoruba.[1]
Esta versión da enciclopedia contén 86.166 artigos e 70.446 usuarios, dos cales 209 son activos.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi mencionada o 27 de agosto de 2006 en artigos de International Herald Tribune e New York Newsday sobre as loitas de edicións nas Wikipedais máis pequenas.[3] En 2009, Google patrocinou a creación de artigos na Wikipedia en suahili.[4] O 20 de xuño de 2009, a Wikipedia en suahili redeseñou a súa páxina principal.
En xaneiro de 2021, a Wikipedia en suahili era a segunda máis popular en Tanzania e Kenya despois da versión en inglés, obtendo o 14% e 4% das visitas neses países respectivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "List of Wikipedias by language group". wikimedia.org.
- ↑ "List of Wikipedias". wikimedia.org.
- ↑ Building Wikipedia in African languages, por Noam Cohen, International Herald Tribune, 27 de agosto de 2006.
- ↑ "Hungry for New Content, Google Tries to Grow Its Own in Africa". nytimes.com. 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en suahili |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en suahili |