Warhammer Fantasy Battle
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xuño de 2017) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Warhammer: The Game of Fantasy Battles (anteriomente coñecido como Warhammer Fantasy Battle, e abreviado como Warhammer, WFB ou WHFB) é un xogo de estratexia de guerra por quendas que se xoga con miniaturas e está ambientado nun mundo de fantasía épica. Foi creado por Games Workshop e é a orixe do universo de fantasía Warhammer, que ten xogos de rol, novelas, xogos de cartas coleccionables e merchandising.
Warhammer foi periodicamente actualizado dende a súa primeira aparición en 1983, con cambios no sistema de xogo e nos exércitos. A súa versión oficial actual, a oitava, foi lanzada o 10 de xullo de 2010.
Características
[editar | editar a fonte]Warhammer baséase noutros mundos fantásticos, e dá a suficiente liberdade de creación aos xogadores para poder seguir expandindo este xogo estratéxico, creando novas tropas, xerais e ata exércitos e reinos. Foi orixinalmente creado como un xogo de escaramuzas a finais da década de 1970, pero lentamente, e tras numerosas edicións, converteuse nun complexísimo xogo de grandes batallas. No ano 2006 publicáronse xa sete edicións do xogo, con 14 exércitos diferentes e varias campañas mundiais.
Existe unha versión de Warhammer ambientada no futuro, chamada Warhammer 40.000. Así mesmo a compañía propietaria dos dereitos de explotación do xogo, Games Workshop, publica un xogo de rol, novelas, xogos de cartas coleccionables e variado merchandising ambientado no mesmo mundo de ficción. Tamén existen algúns xogos de ordenador baseados no mundo de Warhammer, como A Sombra da Rata Cornuda (1995) e a súa secuela Dark Omen (1998), ambos xogos de estratexia en tempo real. Tamén existe un xogo para ordenador de Warhammer 40.000 Dawn of War e as súas tres expansións: Dawn of War: Winter Assault, Dawn of War: Dark Crusade e Dawn of War: SoulStorm.
Material necesario
[editar | editar a fonte]Para poder xogar necesítase o seguinte:
- Miniaturas que representen os distintos exércitos. Non é necesario que sexan de Games Workshop se non se van a usar en torneos oficiais.
- O regulamento oficial do xogo.
- Cada xogador debe levar o regulamento (denominado "libro de exército" na edición fantástica e "códex" na futurista) correspondente ao seu exército.
- Unha superficie de xogo de aproximadamente 180x120.
Estas son as medidas adecuadas para partidas de 2000 puntos ou menos
- Se se desexa, pódense utilizar distintos elementos de escenografía para dar máis realismo ás batallas, tales como árbores, outeiros, ríos, edificios...
- Dados normais de seis caras (é recomendable que sexan moitos), un dado de artillaría (5,10,15,20,25), outro dado de artillaría en polgadas (2,4,6,8,10...) e outro de dispersión.
- Unha cinta métrica para medir distancias.
- Persoais para calcular a área de efecto de determinadas armas, feitizos ou accións.
- Unha folla e un bolígrafo para apuntar detalles das unidades como pode ser o armamento (lista de exército).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O mundo de Warhammer é similar ao noso planeta e a maioría das súas masas de terra, culturas e etnias son análogas ás da Terra. Hai unha serie de correspondencias entre lugares no mundo Warhammer e o real:
- O Imperio / Alemaña ou o Sacro Imperio Romano Xermánico.
- Bretonia / Francia.
- Kislev / Rusia.
- O imperio dos Hobgoblin Khans /Mongolia.
- Ulthuan / Atlántida.
- Montañas do Fin do Mundo /Himalaia.
- Tilea / Italia.
- Estalia / España.
- Naggaroth / Norteamérica.
- Lustria / América Central e do Sur.
- Arabia /Arabia.
- Nippón / Xapón.
- Catay / China.
- Khemri / Exipto.
- Reinos Ogros / Pobos de Europa Oriental.
- Norsca / Escandinavia e os pobos viquingos.
- Albión(mencionado nos libros de Gotrek e Felix) / Irlanda, ou a illa de Gran Bretaña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Warhammer Fantasy Battle |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Priestley, Rick (1996b). Warhammer Rulebook. Games Workshop. ISBN 1-872372-04-X.
- Pirinen, Tuomas (1998). Warhammer Siege. Games Workshop. ISBN 1-872372-51-1.