Vyasa
Nome orixinal | (sa) व्यास |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido |
Grupo étnico | Pobo indio |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Ocupación | poeta, filósofo, compilador |
Período de actividade | (Con vida en: século XV a. C. ) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parella | Ambika Ambalika |
Fillos | Pandu () Ambalika Śhukdev () Dhritarashtra () Ambika Vidura |
Pais | Parashara e Satyavati |
Descrito pola fonte | New Encyclopedic Dictionary (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Vyasa (en sánscrito: व्यास, literalmente "Compilador") é o autor lendario do Mahabharata, os Vedas e os Puranas, algúns dos textos máis importantes da tradición hindú. Tamén é chamado Veda Vyāsa (वेदव्यास, veda-vyāsa, "o que clasificou os Vedas") ou Krishna Dvaipāyana (en referencia á súa complexión escura e o seu lugar de nacemento).
O festival de Guru Purnima está dedicado a el. Tamén se coñece como Vyasa Purnima, día que se considera tanto o do seu nacemento como cando dividiu os Vedas.[1][2] Vyasa está considerado un dos sete Chiranjivis (de longa vida ou inmortais), que aínda existen segundo a tradición hindú.
Obras
[editar | editar a fonte]Segundo a mitoloxía hinduísta, Vyasa puxo por escrito o coñecemento védico completo, que ata ese momento só se transmitía por vía oral de mestre a discípulo, en previsión da chegada da era de Kali (que segundo a cronoloxía hinduísta, comezou o 14 de xaneiro de 3102 a. C.). Na era de Kali, os seres humanos non terían memoria para lembrar tanto texto.
Recibiu o nome de Vyasa o Vyasadeva debido a que reordenou (vy-asa) o Rig-veda orixinal, que, segundo o propio texto foi composto por Anguiras, Kanwa, Vásishtha, Vishwamitra, Atri, Bhrigu, Kashiapa, Gritsamada e Agastia,[3] noutros dous textos: o Sama-veda e o Yājurveda. Os hinduístas cren que tamén escribiu os 108 Upánishads (que se compuxeron ao longo de séculos dende o V a. C.), o Mahabharata (do século III a. C.) e os 18 Puranas (que se compuxeron durante séculos dende o III d. C.).
Debido ás diferenzas de estilo e ata do tipo de idioma sánscrito, é bastante notorio que os textos son obra de distintos autores de épocas moi variadas.
Legado
[editar | editar a fonte]Vyasa é amplamente reverenciado nas tradicións hindús. Construíuse un gran templo na honra de Sri Veda Vyasa no seu lugar de nacemento en Kalpi, Orai, Uttar Pradesh. O templo coñécese como Shri Bal Vyas Mandir. Shrimad Sudhindra Teerth Swamiji, o antigo gurú espiritual de Sri Kashi Math Samsthan, Varanasi, tivo a visión de construír este templo en 1998.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Awakening Indians to India. Chinmaya Mission. 2008. p. 167. ISBN 978-81-7597-434-0. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de maio de 2020.
- ↑ What Is Hinduism?: Modern Adventures Into a Profound Global Faith. Himalayan Academy Publications. 2007. p. 230. ISBN 1-934145-00-9.
- ↑ O papel que a tradición atribúe a Vyasa é dividir o Veda único (o Rig-veda) en tres, sendo os outros dous o Sama-veda e o Iáyur-veda. O texto do Rig-veda non é atribuído ao sabio Vyasa, senón a dez rishis (poetas relixiosos):
rishi ou clan ṛichas porcentaxe mandala preponderante Anguiras 3619 37 % mandala 6, especialmente Kanua 1315 13 % mandala 8, especialmente Vásishtha 1276 13 % mandala 7 Vishua Mitra 983 10 % mandala 3 Atri 885 9 % mandala 5 Bhrigu 473 5 % Kashiapa 415 4 % mandala 9, especialmente Gritsamada 401 4 % mandala 2 Agastia 316 3 % Bháratas 170 2 % total 9853 100 %
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vyasa |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Mahabharata of Krishna-Dwaipayana Vyasa, translated by Kisari Mohan Ganguli, published between 1883 and 1896
- The Arthashastra, translated by Shamasastry, 1915
- The Vishnu-Purana, translated by H. H. Wilson, 1840
- The Bhagavata-Purana, translated by A. C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada, 1988 copyright Bhaktivedanta Book Trust
- The Jataka or Stories of the Buddha's Former Births, edited by E. B. Cowell, 1895
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Mahābhārata – Ganguli translation, full text at sacred-texts.com