Uber Arena
Uber Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 52°30′20″N 13°26′36″L / 52.505556, 13.443333 |
Localización | Berlín, Alemaña |
Construción | |
Inauguración | 10 de setembro de 2008 |
Arquitecto | Populous JSK Architects |
Custo | 165 millóns de € |
Estadio | |
Capacidade | 17.000 (concertos) 14.500 (baloncesto) 14.200 (hóckey sobre xeo) |
Propietario | Anschutz Entertainment Group |
Operadora | Anschutz Entertainment Group |
Localía | Alba Berlín (Basketball Bundesliga) Eisbären Berlin (DEL) |
Web | http://www.mercedes-benz-arena-berlin.de/ |
Eventos | |
Final Four da Euroliga (2009) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Uber Arena é un pavillón multiúsos situado en Berlín, Alemaña, máis concretamente no barrio de Friedrichshain. Foi inaugurado no ano 2008 e conta cunha capacidade de 17.000 persoas. O pavillón é fogar do Eisbären Berlin, club de hóckey sobre xeo, e do Alba Berlín, equipo de baloncesto. Tamén se utiliza para concertos ou para outros partidos de hóckey sobre xeo, baloncesto ou balonmán. En 2009, O2 World acolleu a Final Four da Euroliga na que o Panathinaikos venceu 95-71 o CSKA Moscova.
Nome
[editar | editar a fonte]O pavillón comezou denominándose O²World. En xaneiro de 2015, o fabricante alemán de automóbiles Mercedes-Benz, anunciou que alcanzara un acordo para cambiar o nome do lugar polo de Mercedes-Benz Arena de Berlín a partir do 1 de xullo do 2015, cunha duración de 20 anos.
En marzo de 2024, o pavillón pasou a chamarse Uber Arena, tras un acordo a longo prazo con AEG Europa.
Eventos importantes
[editar | editar a fonte]A primeira banda que tocou no O2 World foi Metallica o 12 de setembro de 2008.
O multiúsos foi tamén anfitrión dos MTV Europe Music Awards 2009.
O lugar foi sede dun partido da NHL Premiere para a tempada 2011-12 o 8 de outubro do 2011, no que os Buffalo Sabres derrotaron 4-2 os Los Angeles Kings.
Este sitio foi sede tamén da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2011 entre o 8 e o 10 de xullo dese ano.
Britney Spears celebrou un concerto aquí o 26 de xullo do 2010.
En agosto de 2012, o fútbol praia volveu a este lugar co gallo da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2012.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O pavillón visto dende fóra.
-
De noite.
-
De noite.
-
O pavillón en construción.
-
Vista dende os arredores.
-
Entrada.
-
Vista dende o río.
-
Vista dende a outra beira do río.
-
Parte traseira.
-
Interior.
-
Partido do Alba Berlín no pavillón.
-
Partido entre o Alba Berlín e o BBC Bayreuth.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uber Arena |