UB La Palma
UB La Palma | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1978 |
Desaparición | 2012 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Antonio Acosta (último) |
Localización | |
Cidade | La Palma, España |
Pavillón | Roberto Rodríguez Estrello |
Capacidade | 2 150 |
ublapalma.blogspot.com.es |
A Unión Baloncesto La Palma foi un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Santa Cruz de la Palma, Canarias que xogou a súa última tempada, a 2011−12, na Liga LEB Ouro. Actualmente conta con equipos de formación.
Historia
[editar | editar a fonte]A Unión Baloncesto La Palma foi fundada en 1979 após a desaparición do C.B. La Palma coa denominación de "Asociación de Amigos del Baloncesto de La Palma", sendo o seu primeiro presidente Andrés Pérez Ortega. Na temporada 1996−97 conseguiu o ascenso á EBA durante a Fase disputada no Pavillón Insular de Miraflores de La Palma. Na temporada 1998−99 proclamouse campión da EBA, mentres que na tempada seguinte fíxose co subcampionato.
Na temporada 2000−01 converteuse nun dos fundadores da LEB-2. Ao finalizar a temporada 2002−03 ascendeu á LEB tras adquirir os dereitos federativos do Universidade Complutense, categoría na que permaneceu até a súa desaparición. Na campaña 2003−04 disputou por primeira vez os play-offs de ascenso á Liga ACB, ademais de tomar parte na Copa do Príncipe disputada en Zaragoza. Ao finalizar a temporada 2007−08 ocupou a penúltima posición (17ª), o que supuña a perda de categoría, aínda que finalmente mantívose na LEB Ouro debido aos problemas económicos de Cantabria e Huelva. Consumou a desaparición do seu equipo sénior o 6 de xullo de 2012 tras arrastrar unha seria crise económica, que se acentuou coa falta de apoios das institucións.[1] O club continúa existindo con equipos de formación.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa | |
---|---|---|---|---|---|---|
1994–95 | 3 | 2ª División | 5º | |||
1995–96 | 3 | 2ª División | 3º | |||
1996–97 | 4 | 2ª División | 2º | |||
1997–98 | 3 | EBA | 8º | 14–14 | ||
1998–99 | 3 | EBA | 2º | 28–8 | ||
1999–00 | 3 | EBA | 1º | 24–5 | Copa EBA | SF |
2000–01 | 3 | LEB 2 | 4º | 25–13 | Copa LEB 2 | SF |
2001–02 | 3 | LEB 2 | 4º | 22–17 | ||
2002–03 | 3 | LEB 2 | 5º | 21–12 | ||
2003–04 | 2 | LEB | 7º | 19–19 | Copa Príncipe | SF |
2004–05 | 2 | LEB | 16º | 15–23 | ||
2005–06 | 2 | LEB | 10º | 16–18 | ||
2006–07 | 2 | LEB | 11º | 16–18 | ||
2007–08 | 2 | LEB Ouro | 17º | 12–22 | ||
2008–09 | 2 | LEB Ouro | 14º | 14–20 | ||
2009–10 | 2 | LEB Ouro | 10º | 16–18 | ||
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 10º | 16–18 | ||
2011–12 | 2 | LEB Ouro | 9º | 20–18 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francisco, Pedro J. (18 de abril de 2019). "Ocho años de la desaparición del UB La Palma". eldia.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2022. Consultado o 01 de agosto de 2022.