Traballo por quendas
Traballo por quendas é unha modalidade laboral na que o traballador pode realizar a súa tarefa ó longo das 24 horas do día. O día queda pois dividido en quendas, ou intervalos de tempo durante os cales diferentes grupos de traballadores realizan a súa tarefa. Con este termo, e as súas repercusións negativas para a saúde, englóbase tanto ós traballadores que sempre teñen horario nocturno, como aqueles cuxos horarios alternan, e unhas veces son en horas de noite, e outras non.[1][2][3]
En medicina e epidemioloxía, o traballo por quendas é considerado un factor de risco para algúns problemas de saúde, xa que as perturbacións do ritmo circadiano poden facer medrar a probabilidade de chegar a desenvolver doenzas cardiovasculares, problemas cognitivos, diabetes e obesidade, entre outras patoloxías.[4][5] O traballo por quendas pode tamén ter repercusións nas relacións conxugais, familiares e persoais.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sloan Work and Family Research, Boston College. "Shift work, Definition(s) of". Consultado o 25 de setembro de 2014.
- ↑ Institute for Work & Health, Ontario, Canada. "Fact Sheet, Shiftwork" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2008. Consultado o 25 de setembro de 2014.
...outside regular daytime hours (i.e., between approximately 0700 and 1800 Monday through Friday).
- ↑ U.S. Congress, Office of Technology Assessment (1991). "BiologicalRhythms ImplicationsfortheWorker New Developments in Neuroscience".
- ↑ Delezie J, Challet E. "Interactions between metabolism and circadian clocks: reciprocal disturbances.". PMID 22211891. doi:10.1111/j.1749-6632.2011.06246.x.
- ↑ Scheer FA, Hilton MF, Mantzoros CS, Shea SA. "Adverse metabolic and cardiovascular consequences of circadian misalignment." (11). PMC 2657421. PMID 19255424. doi:10.1073/pnas.0808180106.
- ↑ Caruso, Claire C. (2 de agosto de 2012). "Running on Empty: Fatigue and Healthcare Professionals". NIOSH: Workplace Safety and Health.