Tom Bombadil
Tom Bombadil é un personaxe do legendarium de J. R. R. Tolkien. Apareceu por primeira vez no poema de 1934 titulado The Adventures of Tom Bombadil, que tamén conta cos personaxes da obra O Señor dos Aneis como Bagadouro (a muller de Tom), o vello Home Salgueiro (unha árbore malvada do Bosque Vello) e as Criaturas das Antas, das cales Tom rescata os hobbits.[1] Daquela non formaban parte explícita das lendas máis antigas que se converterían no Silmarillion, e non é mencionado no Hobbit.
Bombadil é coñecido pola súa aparición como personaxe secundario na obra épica e de fantasía de Tolkien O Señor dos Aneis, publicada en 1954 e 1955. No primeiro volume, A Irmandade do Anel, Frodo Bulseiro e compañía coñecen a Bombadil no Bosque Vello. Esta idea e a aparición do vello Home Salgueiro e das Criaturas das Antas incluíronse nalgunhas das primeiras notas de Tolkien fixo para unha secuela d' O Hobbit.[T 1] Bombadil é mencionado mais non é visto preto do final d' O Regreso do Rei, con Gandalf planeando facerlle unha longa visita.
Bombadil foi omitido na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, no filme de 1978 e nas adaptacións radiofónicas, xa que non é unha parte esencial da historia. Os comentaristas debateron sobre o papel e as orixes de Tom Bombadil. Unha fonte probable é o semideus Väinämöinen do poema épico finlandés de 1849 "Kalevala", con moitos puntos de semellanza. Os eruditos observaron que el é o espírito dun lugar, un genius loci.
Notas
[editar | editar a fonte]Fontes primarias
[editar | editar a fonte]- Esta lista identifica a localización de cada elemento nos escritos de Tolkien.
- ↑ The Return of the Shadow, páxina 43
Fontes secundarias
[editar | editar a fonte]- ↑ The Oxford Magazine, 1934, citado en The History of Middle-earth, volume 6, páxina 116
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carpenter, Humphrey, ed. (2000) [1981]. The Letters of J. R. R. Tolkien. Houghton Mifflin. ISBN 978-0-618-05699-6.