Saltar ao contido

Thomas Cook Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Cook Airlines
IATA
MT
OACI
TCX
Indicativo
KESTREL
Fundación31 de marzo de 2003
Fin das operacións23 de setembro de 2019
Frota34 (cando cesou operacións)
Destinos82
HoldingThomas Cook Group
Eslogan da compañíaLet's Go!
SedeManchester
Páxina web: https://www.thomascookairlines.com/

Thomas Cook Airlines Limited foi unha aeroliña británica baseada en Manchester, Inglaterra. Opera voos de vacacións a destinos de todo o mundo dende as súas bases principais nos aeroportos de Manchester e Londres-Gatwick. Tamén opera servizos dende outras oito bases en todo o Reino Unido.

Formouse ao cambiar a marca de JMC Air en 2003. Tras a fusión de MyTravel Group con Thomas Cook en 2008, Thomas Cook Airlines UK Ltd fusionouse con MyTravel Airways.

Thomas Cook Airlines foi parte da división de aeroliñas do Thomas Cook Group, formada por varias aeroliñas irmás, todas elas mantendo unha xestión conxunta das súas frotas: Thomas Cook Airlines Belgium, Thomas Cook Airlines Scandinavia e a alemá Condor. A aeroliña tiña unha licenza de operación de tipo A da Autoridade de Aviación Civil británica que lle permitía transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[1]

Thomas Cook Group plc e todas as súas entidades británicas, incluído Thomas Cook Airlines, entrou en liquidación obrigatoria o 23 de setembro de 2019.[2]

Derradeira frota activa

[editar | editar a fonte]

No momento do cesamento de operacións a frota de Thomas Cook Airlines estaba formada polos seguintes avións:

Frota de Thomas Cook Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P Y Total
Airbus A321-200 27 220 220 Un coa librea Cook's Club
Airbus A330-200 7 49 261 310
Total 34

Histórica

[editar | editar a fonte]
Thomas Cook Airlines (UK) historical fleet
Avión Introducido Retirado Notas
Airbus A320-200 2003 2018
Boeing 757-200 2003 2016 Substituído polo Airbus A321-200.[3]
Boeing 757-300 2003 2019 Substituído polo Airbus A321-200 e transferido a Condor.[4][5]
Boeing 767-300ER 2007 2018 Retirados e convertidos en cargueiros para Atlas Air.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Airline license holders". Consultado o 9 de novembro de 2017. 
  2. Business, Clare Duffy and Rob McLean, CNN. "Thomas Cook collapses, leaving thousands of travelers stranded". CNN. Consultado o 2020-12-07. 
  3. "Thomas Cook Group visit – Replacing the 757 » AirInsight". 16 de decembro de 2014. 
  4. "Thomas Cook Airlines UK to retire B757s in 1Q19". ch-aviation. 23 de novembro de 2018. 
  5. "Thomas Cook Airlines UK transitions to all-Airbus fleet". ch-aviation. 15 de xaneiro de 2019.