Saltar ao contido

These Are My Twisted Words

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«These Are My Twisted Words»
sinxelo de Radiohead
Lanzamento 17 de agosto do 2009
Formato {{{formato}}}
Gravada 2009
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 5:31
Discográfica auto-editado
Produtor(es) Nigel Godrich
Escritor(es) Radiohead
Cronoloxía
«"Harry Patch (In Memory Of) «These Are My Twisted Words» «-»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"These Are My Twisted Words" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editada oficialmnete como sinxelo o 17 de agosto do 2009 como descarga gratuíta dende a súa páxina.

O 12 de agosto a canción fora filtrada a través de BitTorrent[1]. Un arquivo de texto que acompañaba á canción contiña un poema críptico, referencias a unha data de edición para o 17 de agosto, e múltiples usos da frase "Wall of Ice". O alquivo tamén tiña arte ASCII, que semellaba que sería usado na posterior edición oficial. As especulacións dos seareiros centráronse a posibilidade de que un EP titulado Wall of Ice puidese ser editado ese 17 de agosto. Porén, nesa data, o guitarrista Jonny Greenwood escribiu unha nota no blog da banda, Dead Air Space, anunciando que "These Are My Twisted Words" estaba dispoñible de balde na súa páxina web. A descarga traía varias pinturas de Stanley Donwood e Thom Yorke. En ningures a banda recoñeceu saber da filtración inicial da canción, e o significado e autoría do poema e o resto das referencias da filtración seguen sendo un misterio.

A canción foi interpretada ao vivo por vez primeira no Frequency Festival o 22 de agosto do 2009.