The Yankee Doodle Mouse
Aparencia
The Yankee Doodle Mouse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Yankee Doodle Mouse |
Director | William Hanna Joseph Barbera |
Produtor | Fred Quimby |
Intérpretes | William Hanna (sen acreditar) |
Música | Scott Bradley |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Loew's Inc. |
Estrea | 26 de xuño de 1943 |
Duración | 7 minutos 28 segundos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Na rede | |
The Yankee Doodle Mouse é unha curtametraxe clásica de animación de Tom e Jerry producida por Fred Quimby e dirixida por William Hanna e Joseph Barbera. Conta con música de Scott Bradley e a animación de Irven Spence, Pete Burness, Kenneth Muse e George Gordon. Jack Zander foi acreditado na versión orixinal, pero foi omitido na versión de 1951.[1] Foi producida en Technicolor e estreada nos cines o 26 de xuño de 1943 por Metro-Goldwyn Mayer.
Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 16ª edición dos premios, sendo a primeira das sete curtas de Tom e Jerry que o gañaron.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://cartoonresearch.com/index.php/mgms-the-yankee-doodle-mouse-1942/
- ↑ Gifford, Denis (24 de marzo de 2001). "William Hanna: Master animator whose cartoon creations included Tom and Jerry and the Flintstones". Londres: The Guardian.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Yankee Doodle Mouse na IMDb (en inglés).