Foi a derradeira tempada da División Medio Oeste na NBA (Minnesota Timberwolves sería o último campión), xa que ao ano seguinte se trocaría o formato en ambas as conferencias, aumentando o número de divisións a 3, tanto no Leste coma no Oeste.
Antes do inicio da tempada, Karl Malone e Gary Payton accederon a rebaixaren os seus salarios para ficharen polos Lakers, compartindo vestiario coas estrelas Kobe Bryant e Shaquille O'Neal. O obxectivo dos veteranos xogadores de conseguiren por fin un anel fracasou, xa que perderon as Finais da NBA ante os Detroit Pistons por un claro 4-1.
O "Big Three" dos Timberwolves formado por Kevin Garnett, Latrell Sprewell e Sam Cassell marabillou a NBA, atinxindo a mellor marca da Conferencia Oeste pero caendo eliminados polos Lakers nas Finais de Conferencia. Era a primeira vez que os Timberwolves pasaban da primeira rolda de playoffs.
Foi unha das peores tempadas na historia da NBA en canto a anotacións se refire. Moitos equipos rexistraron as súas peores marcas en varias categorías de anotación.
Tras oito tempadas negativas, Memphis Grizzlies conseguiu un balance de 50-32 e asegurouse a súa primeira participación en playoffs. Tamén foi a súa derradeira campaña no Pyramid Arena.
Todos os equipos de Texas clasificáronse para os playoffs por primeira vez en 14 anos.
Todos os equipos da División Medio Oeste finalizaron por enriba do 50% de vitorias, pero os Jazz non conseguiron praza de playoffs.