Saltar ao contido

Tatiana Zatulovskaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTatiana Zatulovskaia

(1964) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Bakú, Acerbaixán Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 2017 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Ascalón, Israel Editar o valor en Wikidata
Causa da morteafogamento Editar o valor en Wikidata
EducaciónAzerbaijan State Oil and Industrial University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia
Unión Soviética
Israel Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1959)
Mestra Internacional Femenina (1961)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.245 (1980)<
Participou en
2002Women's Chess Olympiad 2002 (en) Traducir
1966Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) Traducir
1963Olimpíada de xadrez para mulheres de 1963 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Zatulovskaia o 16 de xaneiro de 1964

Tatiana Zatulovskaia (hebreo: טטיאנה זטולובסקיה; ruso: Татьяна Яковлевна Затуловская), nada en Bakú (RSS de Acerbaixán) o 8 de decembro de 1935 e finada en Ascalón (Israel) o 2 de xullo de 2017,[1] foi unha xadrecista israelí (anteriormente soviética e rusa). Foi tres veces campioa do Campionato Soviético Feminino e dúas veces campioa mundial Sénior Feminina. Foi nomeada Mestra Internacional Feminina en 1961 e Gran Mestra Feminina en 1976. Durante a súa vida tamén foi enxeñeira xeolóxica e ximnasta.[2]

Zatulovskaia gañou o Campionato Soviético Feminino de Xadrez en 1960, 1962 e 1963. Representou a URSS nas Olimpíadas Femininas de Xadrez en 1963 e 1966, e gañou a medalla de ouro do equipo en ambas ocasións. Obtivo tamén unha medalla de prata individual en 1963 e un ouro individual en 1966. Durante as décadas de 1960 e 1970 clasificouse en varias ocasións para os campionatos Interzonais e os Torneos de Candidatas previos aos Mundiais Femininos de Xadrez.

En 1993 gañou o Mundial Feminino Sénior cunha puntuación de 10 puntos sobre 11 (10 vitorias, 0 derrotas e 2 táboas). Repetiu ese éxito en 1997. En 2000 emigrou a Israel, país ao que representou nas Olimpíadas Femininas de Xadrez de 2002 en Bled (Eslovenia).

  1. "RIP Tatiana Zatulovskaya (1935-2017)". Chess Federation of Russia (en inglés). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de abril de 2023. 
  2. Sunnucks, Anne (1976). Encyclopaedia of Chess (en inglés). Robert Hale. p. 588. ISBN 9780709146971. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]