Substrato (química)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Substrato.
En química o termo substrato ten un significado máis amplo que en bioquímica.
Un substrato é unha especie química baixo observación, que é o obxecto da acción doutros reactivos. Por exemplo, un composto en cuxa transformación intervén un catalizador.
A IUPAC advirte que o termo se use con coidado, indicando claramente que especie química da reacción é a que se considera o substrato.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUPAC Compendium of Chemical Terminology, Electronic version.