Saltar ao contido

Steve Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSteve Blake

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiami Killian High School (en) Traducir
Universidade de Maryland
Miami High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo22 Editar o valor en Wikidata
Convocado porWashington Wizards Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Portland Trail Blazers
Denver Nuggets
Detroit Pistons
Golden State Warriors
Los Angeles Clippers
Los Angeles Lakers
Washington Wizards
Milwaukee Bucks
1999–2003 Maryland Terrapins

Twitter: SteveBlake5 Editar o valor en Wikidata

Steven Hanson "Steve" Blake, nado o 9 de marzo de 1980 en Hollywood, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,91 metros e xoga na posición de base.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Blake asistiu ao Instituto de Miami e a Oak Hill Academy antes de comezar a xogar na Universidade de Maryland. Blake foi a base titular desde o primeiro día do seu ano freshman, sendo o primeiro xogador da ACC en compilar 1.000 puntos, 800 asistencias, 400 rebotes e 200 asistencias. Formou parella no perímetro con Juan Dixon, actual xogador de Toronto Raptors, no equipo que se alzou co campionato da NCAA en 2002 derrotando a Indiana Hoosiers. Finalizou o seu catro anos cos Terrapins como líder en asistencias con 972, o quinto en total de toda a historia da NCAA e cuarto da Atlantic Coast Conference. Porén, tamén foi o líder de Maryland en partidos disputados (136) e minutos xogados (4.312)

No seu ano sénior, Blake fixo medias de 11,6 puntos e 7,1 asistencias, a sétima mellor marca da NCAA esa tempada; e como júnior, as súas 7,9 asistencias por encontro alzáronlle ao segundo posto nacional. No seu ano sophomore, liderou a ACC en asistencias con 6,9 por partido, converténdose no primeiro Terrapin en conseguilo desde John Lucas en 1974. Como recoñecemento ao seu traballo, Blake foi nomeado en varios mellores quintetos durante a súa carreira universitaria, como o de mellor rookie e o defensivo, e no mellor da ACC no seu ano sénior.

Blake foi seleccionado no posto 38 do Draft da NBA de 2003 por Washington Wizards, facendo 5,9 puntos, 2,8 asistencias e 18,6 minutos en 75 partidos disputados. Na súa campaña sophomore, o tempo de xogo de Blake descendeu até os 14,7 minutos en só 44 encontros. En setembro de 2005, Blake asinou como axente libre por Portland Trail Blazers, reuníndose así de novo con Juan Dixon, compañeiro de Blake en Maryland. Na súa primeira tempada en Portland, converteuse no base titular do equipo e xogou un papel moi significante trala lesión de Sebastian Telfair. Blake pasou a xogar 68 partidos, 56 como titular, e a facer medias de 8,2 puntos, 4,5 asistencias, 2,1 rebotes en 26,2 minutos de xogo por partido.

En xullo de 2006, Blake foi traspasado xunto con Brian Skinner e Ha Seung-Jin a Milwaukee Bucks ha cambio de Jamaal Magloire. Só durou 33 partidos nos Bucks, xogando pouco e sendo traspasado o 11 de xaneiro de 2007 a Denver Nuggets por Earl Boykins e Julius Hodge. En xullo de 2007 regresou a Portland Trail Blazers fichando como axente libre. O 16 de febreiro de 2010, Blake foi traspasado a Los Angeles Clippers xunto con Travis Outlaw a cambio de Marcus Camby.[1] En xullo de 2010 asinou un contrato por catro anos e 16 millóns de dólares con Los Angeles Lakers.[2]

O 19 de febreiro de 2014, Blake foi traspasado ós Golden State Warriors a cambio de MarShon Brooks e Kent Bazemore.[3]

O 10 de xullo de 2014, Blake asinou cos Portland Trail Blazers un contrato de dous anos e 4.2 millóns de dólares.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]