Sadomasoquismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Sadomasoquismo é un acrónimo dos termos sadismo e masoquismo.
O sadismo é a obtención de pracer ao realizar actos de crueldade ou dominio. Este desfrute pode ser de natureza sexual e consensuada, en cuxo caso se considera unha das parafilias que se engloban baixo o acrónimo BDSM. No caso contrario, pode ser indicativo de trastorno mental ou o resultado de emocións humanas coma a xenreira, a vinganza e mesmo certas concepcións da xustiza. Estamos, pois, ante unha polisemia con matices de significado netamente diferenciados.
O termo sadismo deriva do Marqués de Sade, escritor e filósofo francés autor de numerosas obras onde o sadismo sexual ocupa un papel de grande importancia.
O seu antónimo e complemento potencial é o masoquismo. O masoquismo é a obtención de pracer ao ser vítima de actos de crueldade ou dominio. Este desfrute tamén pode ser sexual ou non sexual. A característica fundamental do masoquismo que o distingue doutros tipos de submisión é a algolagnia, isto é, a satisfacción obtida sufrindo dor física en distintos graos.