STS-72
STS-72 | |
---|---|
STS-72 na rampla de lanzamento. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de xaneiro de 1996, 00:41 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 8,92 días[6] |
Obxectivo da misión | Despregar e recuperar o satélite OAST Flyer e recuperar o satélite xaponés SFU.[3][6] |
Regreso | 20 de xaneiro de 1996[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1996-001A |
STS-72 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de xaneiro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-72, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para despregar e recuperar o satélite OAST Flyer, con varios experimentos a bordo, e recuperar o satélite xaponés SFU, lanzado o ano anterior por un foguete H-II con varios experimentos de longa duración no seu interior. A tripulación, formada polo comandante Brian Duffy, o piloto Brent W. Jett e os especialistas de misión Leroy Chiao, Daniel T. Barry, Winston E. Scott e Koichi Wakata, tamén fixo varios experimentos a bordo do Endeavour.[3][5][6][7]
OAST-Flyer levaba catro experimentos a bordo: REFLEX, GADACS, SELODE e SPRE. Durante o voo tiveron tamén lugar dúas actividades extravehiculares levadas a cabo por Chiao, Barry e Scott para probar ferramentas e técnicas a usar na montaxe da Estación Espacial Internacional. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de xaneiro de 1996.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 72" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-84590T). 28 de xuño de 1996: 19. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 72" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-72" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-72" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-72" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-72 |