Saltar ao contido

STS-46

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-46
Lanzamento da misión STS-46.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento31 de xullo de 1992, 13:56 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión7,97 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélite EURECA e despregue do TSS 1.[3][6]
Regreso8 de agosto de 1992[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1992-049A

STS-46 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 31 de xullo de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-46, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita do satélite recuperable europeo EURECA, con 15 exprimentos a bordo e recuperado máis tarde pola misión STS-57, e despregar o TSS 1, un satélite atado por un cable á bodega de carga do transbordador para xerar enerxía a partir do campo magnético terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Loren J. Shriver, o piloto Andrew M. Allen, os especialistas de misión Jeffrey A. Hoffman, Franklin R. Chang-Diaz, Claude Nicollier e Marsha S. Ivins e o especialista de carga Franco Malerba.[3][5][6][7]

EURECA foi despregado sen problemas, pero TSS 1 fallou ao romperse o cable entre o satélite e o transbordador. A tripulación fixo ademais varios experimentos a bordo, entre eles EOIM III, TEMP 2A, CONCAP II, LDCE, PHCF e UVPI. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 8 de agosto de 1992.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 46" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 1 February 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-09251(E)). 18 de febreiro de 1993: 5. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 46" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-46 - TSS-1" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-46" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-46" (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]