Retrato de Antonio de Covarrubias
Retrato de Antonio de Covarrubias | |
---|---|
Artista | El Greco |
Data | 1595-1600 |
Técnica | Pintura ó óleo sobre lenzo |
Movemento | Manierismo |
Dimensións | 68 cm × 58 cm |
Localización | Museo do Louvre (París) |
O Retrato de Antonio de Covarrubias, é unha obra do Greco, realizada entre 1595 e 1600 durante o seu último período toledano. Consérvase nunha das salas do Museo Nacional do Louvre en París, onde chegou en 1941 por mor un programa de intercambio de obras cos museos españois.[1]
Outro retrato do mesmo personaxe, igualmente pintado polo artista cretense, consérvase no Museo de El Greco de Toledo.
Análise
[editar | editar a fonte]Antonio de Covarrubias y Leiva, nado no 1514 ou 1524 e finado no 1602, era un dos mellores xuristas de Toledo, profesor de Dereito en Salamanca e Conselleiro de Castela, ademais de mestre na Catedral de Santa María e irmán de Diego de Covarrubias. Era amigo persoal do pintor, a quen introduciu non círculos intelectuais de Toledo,[2] e nesta obra pode apreciarse a súa deterioración física —era xordo— e o seu illamento do mundo exterior. Con todo, todo esa circunstancia contrasta coa aparente serenidade que provoca o cadro que está realizado nunha composición de perfil a tres cuartos.
A asimetría da cara reforza a ancianidade do personaxe, mentres que o cabelo gris aviva o ton melancólico. O fondo é neutro, tal como puxeran de moda Tiziano e a Escola veneciana.
Antonio de Covarrubias é un dos personaxes que aparecen na parte inferior do Enterro do señor de Orgaz, obra mestra do pintor.[2]
En 1602, El Greco pintou tamén o retrato do irmán máis vello de Antonio, Diego de Covarrubias, sendo o pendant deste cadro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Domenico Theotocopoulos, dit EL GRECO". louvre.fr (en francés). Consultado o 24-2-2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Ficha completa". ceres.mcu.es (en castelán). Consultado o 24-2-2020.
- ↑ Tsaneva, Maria (2014). El Greco: 101 Paintings (en inglés). ebook. Lulu Press. ISBN 1-304-77316-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Retrato de Antonio de Covarrubias |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Lopera, José (2005). El Greco. Colección «Grandes maestros» (en castelán). Madrid: Arlanza. ISBN 8495503441.
- Scholz-Hänsel, Michael (2003). El Greco (en castelán). Colonia: Taschen. ISBN 978-3-8228-3173-1.